
DÉPOR · 24 SETEMBRO 2026
O RC DEPORTIVO E CENTROS VETERINARIOS MIVET CONTINÚAN CAMIÑANDO XUNTOS UNHA TEMPORADA MÁIS
O RC Deportivo e MiVet renovan o seu acordo de patrocinio para a temporada 2026-27, dando continuidade á relación iniciada entre ambas as entidades e reforzando o seu compromiso compartido co coidado e o benestar animal.A través desta renovación, MiVet continuará vinculado ao Club como clínica veterinaria, mantendo ademais un vínculo moi especial cun dos membros máis queridos da familia deportivista: Oito.A mascota do RC Deportivo seguirá contando durante esta nova tempada co acompañamento e a atención dos profesionais de MiVet, que exercerán un ano máis como “veterinarios de Oito”, velando pola súa saúde e benestar para que poida continuar acompañando os nosos xogadores e xogadoras en cada unha das súas aventuras.Desde a súa chegada ao Club, Oito converteuse nunha figura moi presente no día a día do Club, participando en diferentes accións e actividades e gañando o agarimo de xogadores, xogadoras, técnicos, empregados e afeccionados. Con esta renovación, MiVet seguirá acompañándoo dentro e fóra do terreo de xogo durante unha nova temporada.


Nsongo Bil debutou con Camerún cun triunfo ante Comoras

Os abonados e abonadas xa poden retirar a súa invitación obri...

El Fabril recibirá ao CD Extremadura o sábado 24 de outubro á...

Dépor Genuine, Torre SD e SR Calo serán os protagonistas do T...

Calendario de partidos en ANOSACANTEIRA; este sábado 26 co Fa...

Manuel Pablo: "Vemos a categoría, vemos os resultados e hai m...