RCDeportivo Logo
https://www.instagram.com/rcdeportivo/https://www.tiktok.com/@rcdeportivohttps://x.com/RCDeportivohttps://www.facebook.com/RCDeportivo/https://www.youtube.com/@rcdeportivo
O Real Madrid conquista ante un Dépor "competitivo" a 81 edición do Trofeo Teresa Herrera

DÉPOR · 12 AGOSTO 2026

O REAL MADRID CONQUISTA ANTE UN DÉPOR "COMPETITIVO" A 81 EDICIÓN DO TROFEO TERESA HERRERA

O Real Madrid fíxose este mércores 12 de agosto no Estadio ABANCA-RIAZOR coa 81ª edición do Trofeo Teresa Herrera ao derrotar ao RC Deportivo por 0-1.Os Nosos seguen sendo o rei do torneo cun total de 26 trofeos nas vitrinas por 10 agora do segundo clasificado, precisamente o Real Madrid CF.Miguel Loureiro, na zona mixta, viu un Dépor "competitivo" no decano dos torneos de verán.Foron baixa para o encontro Yeremay, que segue co seu proceso de posta a punto; do mesmo xeito que Altimira e Asp Jensen.Kevin foi o representante de ANOSACANTEIRA, con Noé e Bil, ambos titulares.O conxunto de Antonio Hidalgo chegaba ao encontro tras a vitoria por 0-1 o pasado sábado 8 de agosto ante o Genoa CFC no Trofeo Spagnolo.De feito, o técnico deportivista repetiu case o once de Xenova cos cambios de Bright Ede por Dani Barcia e Ximo Navarro por Arnau.O partido foi de lóxico dominio merengue dada a súa superioridade técnica.Iso si, o Dépor propuxo un partido moi serio en defensa e minimizou o poderío ofensivo madridista, que apenas logrou crear ocasións claras.Aos 20 minutos Os Nosos sufriron un primeiro contratempo en forma de problema físico.Noé viuse obrigado a pedir o cambio a consecuencia duns molestias no seu nocello esquerdo, pendente de valoración médica.A pesar do acoso do Real Madrid CF, Leo Román só interveu con acerto no minuto 39 ao remate de Endrick nunha falta lateral. O meta deportivista envía con apuros a saque de esquina.O gol que decidiu o torneo chegou no desconto da primeira metade. Lunin atrapa ben colocado un cabezazo de Lucas Noubi, saca en longo coa man para Brahim, que se marcha en velocidade da defensa e bate a Leo Román por baixo.Tras o paso polos vestiarios chegou o carrusel de cambios do Dépor, que acabou o encontro case con outro once no campo.O colexiado do encontro, o cántabro Cordero Vega, anulou un gol a Espí por posición antirregulamentaria. Corría o minuto 58.Mella, que relevou a Amatucci no descanso, puido anotar pero ao seu disparo colocado interpúxose providencialmente Mario Rivas no minuto 67.Eddahchouri probou fortuna no minuto 72 aínda que o seu chut, raso, acabou nas mans de Lunin.A última do encontro foi para Os Nosos, cunha volea de Loureiro ao saque dunha falta lateral que salva o meta madridista co pé.O partido concluíu con Mario Soriano elixido como mellor xogador, se ben a Torre de Hércules viaxa desta volta a Madrid.Miguel Loureiro lembra que ante os brancos o Dépor suma "máis minutos, máis carga de traballo e ir axustando cousas, plasmar o que queremos o luns aquí contra o Elche CF".Deportivo: Leo Román, Ximo Navarro (Comas, min. 59), Lucas Noubi (Dani Barcia, min. 67), Bright Ede (Loureiro, min. 46), Angeliño (Quagliata, min. 46), Amatucci (Mella, min. 46), Mario Soriano (Gijselhart, min. 67), Luismi (Riki, min. 67), Noé (Diego Villares, min. 22), Bil (Kevin, min. 59) e Aubameyang (Eddahchouri, min. 59)Real Madrid CF: Lunin, Hujsen, Camavinga, Vini Jr. (Jorge Cestero, min. 71), Endrick, Arda Güler, Carreras (Lamini Fait, min. 87), Bernardo (Alexis Ciria, min. 85), Brahim, Rüdiger, DumfriesÁrbitro: Cordero Vega, do comité cántabro. Amonestou a Rüdiger (min. 29), Camavinga (min. 46) e Dumfries (min. 81)Goles: 0-1 Brahim (min. 45+1)Incidencias: partido disputado en ABANCA-RIAZOR ante 28.789 espectadores

mariosorianomvp0813.jpg