RCDeportivo Logo
https://www.instagram.com/rcdeportivo/https://www.tiktok.com/@rcdeportivohttps://x.com/RCDeportivohttps://www.facebook.com/RCDeportivo/https://www.youtube.com/@rcdeportivo
Empate nun partido "de moita tensión" entre Fabril e UCAM CF nunha eliminatoria que se decidirá en Murcia

DÉPOR FABRIL · 11 MAIO 2025

EMPATE NUN PARTIDO "DE MOITA TENSIÓN" ENTRE FABRIL E UCAM CF NUNHA ELIMINATORIA QUE SE DECIDIRÁ EN MURCIA

O Fabril empatou sen goles co UCAM Murcia no partido de ida da primeira eliminatoria do play off de ascenso a Primera Federación esta tarde en ABANCA-RIAZOR."Houbo moita tensión, loxicamente. Os dous equipos queren seguir cara a adiante. Nos últimos minutos había moitos duelos e un pouco de todo", declarou na sala de prensa Manuel Pablo, que viu un partido "moi competido".A de hoxe foi a terceira ocasión no que o filial pisou ABANCA-RIAZOR esta temporada, posto que xa o 15 de setembro (3ª xornada) derrotou por 2-0 á SD Compostela e o 2 de febreiro (21ª xornada) por 3-0 ao poderoso Pontevedra CF, ao cabo campión de liga.O conxunto blanquizul, que entrou como 4º clasificado do grupo 1º nesta fase de ascenso, quedou emparellado co 3º do grupo 4º. Por esta circunstancia, o primeiro partido xogouse na Coruña.Os murcianos acabaron a liga no seu grupo con 60 puntos despois de 16 vitorias, 12 empates e 6 derrotas; con 46 goles a favor e 22 en contra. Pola súa banda, os fabrilistas sumaron 54 puntos con 16 gandos, 6 empatados e 12 perdidos; e con 48 tantos marcados e 29 recibidos.O primeiro disparo a porta foi fabrilista. Kevin Sánchez, aos 5 minutos, remata forzado raso en semifallo. Detivo sen problemas Ackerman.Repetiu Fabi aos 10 minutos nunha xogada persoal por banda esquerda. O seu disparo sae lixeiramente alto.Mane tentouno de cabeza case ao cuarto de hora. Obstaculizado polo seu defensor, o extremo fabrilista non puido precisar a súa cabezada.As ocasións seguían sendo fabrilistas. Kevin cabecea fóra un bo centro desde a banda dereita.A oportunidade máis clara para os murcianos neste tramo final foi unha cesión perigosa de Damián Canedo a Alberto. O capitán, acosado por Del Campo, tivo o sangue frío de regatealo co corpo ante o susto da bancada.Á media hora de xogo, Mane lanza unha falta e o balón márchase rozando o poste esquerdo da portería de Ackerman.Sen ningunha ocasión clara máis se chegou ao descanso."Custounos atopar o estar cómodos, roubar e poder atacar", resumiu o técnico fabrilista.Após o paso polos vestiarios, máxima igualdade entre os dous conxuntos.A batalla foi constante no medio campo pero sen ocasións claras nas dúas áreas.No minuto 55 tivo Kevin Sánchez o primeiro gol do partido. Recibe de Mane en profundidade, plántase só ante Ackerman e o porteiro murciano logra despexar ao traveseiro o remate do deportivista.Pronto se viu obrigado Manuel Pablo a mover o seu banco. Manu Ferreiro, con molestias musculares, deixou o seu sitio no minuto 59 a Luisao.O preparador do Fabril explicou que "tivo unha rotura. Imos ver de que dimensións. É o que parece. Foise chorando por deixar ao equipo, por como estivo competindo. Non teño diagnóstico pero vai ser moi difícil que estea para a volta".Alberto ten que intervir no minuto 75 a lanzamento de Luque desde o balcón da área. O capitán fabrilista despexou a saque de esquina nunha acrobática parada.No 79, Kevin non pode precisar o seu disparo após un pase atrás de Guerrero desde a liña de fondo.Xa na recta final, o colexiado do encontro, o vasco Gaizka Legarra, non apreciou como pena máxima un clarísimo agarrón na área a Darío Germil nun saque de esquina. Iso si, o balón aínda non estaba en movemento.No minuto 88, Garrido cabecea ás mans de Ackerman unha falta lateral sacada por Marotías noutra boa ocasión.Xa no 90, de novo o árbitro foi protagonista ao non conceder lei da vantaxe nunha xogada na que primeiro Luisao e logo Kevin recibiron faltas. O balón chegoulle a Guerrero só ante o porteiro murciano aínda que a acción estaba xa parada."Na segunda parte estivemos mellor, bastante preto de conseguir a vitoria", concluíu Manuel Pablo.Sen goles chegouse ao final da ida dunha eliminatoria que se decidirá no partido de volta, o sábado 17 de maio ás 19:00 no Estadio BeSoccer La Condomina.Fabril: Alberto, Mardones, Damián Canedo, Marotías, Íker Vidal, Alfaro, Quique Fernández (Garrido, min. 72), Mane (Darío Germil, min. 80), Manu Ferreiro (Luisao, min. 59), Fabi (Guerrero, min. 72) e KevinUCAM Murcia CF: Ackerman, José Ruiz, Jeremi (Sevila, min. 90), Javi Ramírez, Urcelay, Del Campo (Julito, min. 72), Luque (Amin, min. 90), Pablo Hernández, Ale Marín (Gonpi, min. 61), Alexis García (Segura, min. 72) e Miki BoschÁrbitro: Gaizka Legarra Gorgoñón, do comité navarro. Amoestou a Marotías (min. 30), Mane (min. 34), Ale Marín (min. 36), Kevin (min. 44), Alfaro (min. 51), Gonpi (min. 75), Jose Ruiz (min. 90) e Alberto (min. 90)Incidencias: partido de ida da primeira eliminatoria do play off de ascenso a Primera Federación disputado en ABANCA-RIAZOR ante 5.563 espectadores