
CLUB · 2 MARZO 2026
ENTRADAS (GRATUÍTAS E OBRIGATORIAS PARA SOCIOS E SOCIAS) PARA O FABRIL - RAYO CANTABRIA DO SÁBADO 7 DE MARZO ÁS 17:00 NO CAMPO ARSENIO IGLESIAS
O RC Deportivo activa o protocolo de apertura con rexistro de asistentes do campo Arsenio Iglesias para o partido deste sábado 7 de marzo ás 17:00 entre o Fabril e o Rayo Cantabria, correspondente á 26ª xornada no grupo 1º de Segunda Federación.Poden retirar entradas dispoñibles, até esgotar a bancada e sen ningún custo adicional, todos os socios e socias do RC Deportivo que o tramiten formalmente a través da web ticketing.rcdeportivo.es, na que deberán introducir a súa ID de socio e o pin. A continuación, seleccionar unha localidade libre e posteriormente completar os seus datos de contacto e a dirección de correo electrónico onde recibir a entrada.Con eses mesmos datos doutras persoas socias, unha única pode retirar máis dunha entrada nunha soa xestión e, deste xeito, seleccionar asentos contiguos ou próximos.Este procedemento ten dous fins: poder solicitar e recibir a entrada e, ademais, levar un control de repartición e localización na instalación.O RC Deportivo solicita que unicamente tramiten a entrada aqueles socios e socias que vaian poder acudir ao partido, para evitar que queden afeccionados sen poder asistir unha vez completado a repartición dos asentos nun proceso 100 % telemático.Tamén está habilitado o sistema de venda de entradas para o público en xeral, a través da mesma plataforma en ticketing.rcdeportivo.es e seguindo o preceptivo sistema de rexistro e pago de localidade.O prezo de cada entrada para afeccionados sen carné do RC Deportivo é de 10 euros.

Sesión do Dépor este luns 23 en dous grupos previa á xornada ...

O Teatro Colón acolleu a preestrea do documental ‘Dépor, voa’

O Club Portugalete, rival do Dépor na segunda eliminatoria da...

O Dépor repite ante o Athletic Club un domingo ás 16:15, conc...

O documental ‘Dépor, voa’ estrearase nos cines o vindeiro 26 ...

Brillante e emotiva participación do Dépor Genuine na primeir...