
CLUB · 6 OUTUBRO 2025
ENTRADAS (GRATUÍTAS E OBRIGATORIAS PARA SOCIOS E SOCIAS) PARA O FABRIL - UP LANGREO DO SÁBADO 11 DE OUTUBRO ÁS 16:15 NO CAMPO ARSENIO IGLESIAS
O RC Deportivo activa o protocolo de apertura con rexistro de asistentes do campo Arsenio Iglesias para o partido deste sábado 11 de outubro ás 16:15 entre o Fabril e o UP Langreo, correspondente á 6ª xornada no grupo 1º de Segunda Federación.Poden retirar entradas dispoñibles, até esgotar a bancada e sen ningún custo adicional, todos os socios e socias do RC Deportivo que o tramiten formalmente a través da web bancada.rcdeportivo.es, na que deberán introducir a súa ID de socio e os 4 últimos números do DNI. A continuación, seleccionar unha localidade libre e posteriormente completar os seus datos de contacto e a dirección de correo electrónico onde recibir a entrada.Con eses mesmos datos doutras persoas socias, unha única pode retirar máis dunha entrada nunha soa xestión e, deste xeito, seleccionar asentos contiguos ou próximos.Este procedemento ten dous fins: poder solicitar e recibir a entrada e, ademais, levar un control de repartición e localización na instalación.O RC Deportivo solicita que unicamente tramiten a entrada aqueles socios e socias que vaian poder acudir ao partido, para evitar que queden afeccionados sen poder asistir unha vez completado a repartición dos asentos nun proceso 100 % telemático.A xestión pode realizarse desde a publicación desta nota informativa e até completar as localidades. As socias e socios do RC Deportivo terán prioridade para a retirada da súa entrada gratuíta até este mércores 8 de outubro ás 23:59 h.A partir dese momento, se houbese asentos aínda dispoñibles, habilitarase simultaneamente o sistema de venda de entradas para o público en xeral, a través da mesma plataforma en bancada.rcdeportivo.es e seguindo o preceptivo sistema de rexistro e pago de localidade. O prezo de cada entrada para afeccionados sen carné do RC Deportivo é de 10 euros.

David Mella mídese en Tirana a Albania coa selección española...

Lucas Noubi xogou de titular o amigable ante a Italia sub-21 ...

Lorenzo Amatucci participa no empate de Italia ante a Bélxica...

Nsongo Bil venceu con Camerún a Namibia este luns 16 de novem...

José María Giménez, con Uruguai, recibe en Maldonado á Repúbl...

Os abonados e abonadas xa poden retirar o seu convite obrigat...