
DÉPOR ABANCA · 19 ABRIL 2026
ESPE PIZARRO XOGOU COMPLETO UN PARTIDO ANTE CHILE QUE ACABOU CON DERROTA URUGUAIA POR 1-3
-Foto:Espe Pizarro estivo concentrada con Uruguai para disputar 3 partidos pertencentes á CONMEBOL Liga de Naciones.O terceiro e último xogouse este sábado 18 de abril no Estadio Centenario de Montevideo ante Chile.A dianteira deportivista foi titular dun encontro que acabou con vitoria chilena por 1-3.Con estes resultados 'La Celeste' suma 5 puntos na 8ª praza da competición.Uruguai chegaba a este partido após gañar por 1-2 o pasado martes 14 de abril a Bolivia en El Alto.A protagonista foi a futbolista do Dépor ABANCA, que anotou os 2 goles do seu equipo no minuto 61 e no 86.O primeiro dos encontros de Uruguai foi o pasado venres 10 de abril na cidade peruana de Cuzco.Gañou 2-1 Perú, que xogou en superioridade numérica desde o desconto da primeira metade por expulsión da uruguaia Laura Felipe.Espe Pizarro, do mesmo xeito que nos 2 partidos anteriores, tamén xogou os 90 minutos.Os resultados da selección uruguaia nesta xanela FIFA foron os seguintes:Venres 10 de abrilPERÚ 2 - URUGUAI 1Martes 14 de abrilBOLIVIA 1 - URUGUAI 2Sábado 18 de abrilURUGUAI 1 - CHILE 3Espe Pizarro suma 14 partidos esta temporada co Dépor ABANCA en Liga F, 13 deles de titular, con 6 goles marcados.

Longa fin de semana de descanso para un Dépor ABANCA sen liga...

O Dépor afronta o regreso á liga este domingo 11 de outubro a...

O Deportivo Genuine e a Asociación Pro Enfermos Mentales únen...

Sofía Domínguez enfróntase con Argentina este sábado 10 de ou...

Daniela Caracas, ante Michi Apóstol nun amigable de Colombia ...

Michi Apóstol mídese este sábado 10 de outubro con Venezuela ...