RCDeportivo Logo
https://www.instagram.com/rcdeportivo/https://www.tiktok.com/@rcdeportivohttps://x.com/RCDeportivohttps://www.facebook.com/RCDeportivo/https://www.youtube.com/@rcdeportivo
Feiraco e o RC Deportivo renovan a súa alianza nesta temporada 2026-27 en Primera División

DÉPOR · 17 SETEMBRO 2026

FEIRACO E O RC DEPORTIVO RENOVAN A SÚA ALIANZA NESTA TEMPORADA 2026-27 EN PRIMERA DIVISIÓN

Feiraco, marca integrada na cooperativa rural galega CLUN, e o RC Deportivo renovan a súa alianza para a tempada 2026-27, especialmente ilusionante polo regreso do club branquiazul á elite do fútbol español.A undécima tempada desta colaboración foi presentada baixo o lema ‘Xuntos en Primeira’, cun vídeo que reforza o estreito vínculo existente entre ambas as entidades e os seus valores comúns, destacando o compromiso, o esforzo, o traballo en equipo e a proximidade ao territorio.Feiraco é provedor oficial do RC Deportivo e os seus produtos están presentes no comedor do Dépor Training Center.Tanto o leite como os seus iogures forman parte da alimentación diaria dos profesionais que integran a estrutura deportiva, desde os xogadores dos primeiros equipos masculino e feminino ata os equipos técnicos.Desde a cooperativa móstranse “ilusionados por esta temporada e polos resultados acadados. Gústanos pensar que o feito de que os xogadores tomen leite Feiraco cada día contribuíu dalgún xeito a chegar ata aquí. E con esa ilusión continuamos esta tempada a colaboración”.Do mesmo xeito, sinalan que “a lonxevidade desta relación vai moito máis alá do fútbol; trátase tamén de fomentar unha vida en movemento e cunha boa alimentación, de gozar e compartir ilusión en cada partido e de que o deporte galego siga colleitando éxitos”.Esta visión común aséntase nun piar fundamental: a aposta polo futuro. No club coruñés, esta materialízase no seu traballo de canteira, unha das máis frutíferas de todo o fútbol español.Consciente disto, Feiraco manterá o seu apoio á RC Deportivo Fundación mediante iniciativas como as Escolas RC Deportivo e o DéporCampus, programas formativos que cada ano achegan a práctica deportiva, os hábitos saudables e os valores do deportivismo a case 3.000 nenos e nenas de toda Galicia na última edición.Coa renovación desta alianza, Feiraco e o RC Deportivo reafirman o seu compromiso coa construción dun proxecto común, duradeiro e centrado no desenvolvemento das novas xeracións, na posta en valor do territorio e na combinación de deporte e boa alimentación como claves dun estilo de vida saudable.“Para moita xente, Feiraco evoca a mellor época da historia blanquiazul; e ilusiónaos estar ás portas doutra etapa dourada do fútbol galego”, confesan desde CLUN.

Real Club Deportivo de La Coruña