
DÉPOR GENUINE · 8 MARZO 2026
FIN DE FESTA DO DÉPOR GENUINE EN GIJON NA SEGUNDA FASE DE LALIGA GENUINE MOEVE
-Foto:LaLiga GenuineO Dépor Genuine viviu unha apaixonante fin de semana na segunda fase da temporada 2025-26 de LaLiga Genuine Moeve, unha competición para persoas con discapacidade intelectual posta en marcha pola Fundación LaLiga, co Sporting de Gijón como equipo anfitrión.Máis aló dos resultados, foron xornadas de sorrisos, abrazos e soños cumpridos.Sobre o céspede da cidade deportiva de Mareo viuse fútbol e algo moito máis grande: respecto, superación e a alegría de compartir o que máis lles gusta.Cada xogada, cada gol e cada aplauso desde a bancada lembraron que o deporte ten o poder de unir, emocionar e romper barreiras.Os Nosos demostraron que este equipo é moito máis que fútbol. É ilusión, é familia e é un exemplo de que, cando se xoga co corazón, sempre se gaña.Este domingo 8 o partido previsto foi ante o CA Osasuna, cun competido empate final: 2-2.O programa de actividades para Os Nosos arrincou este sábado 7 de marzo pola mañá cun acto institucional de benvida no Estadio El Molinón - Enrique Castro 'Quini'.Alí, o Dépor Genuine foi recibido oficialmente por representantes institucionais do Sporting e da cidade de Gijón.Pola tarde arrincou a competición para os branquiazuis.LaLiga Genuine está composta por 50 equipos divididos en 3 grupos: Deportividade, Respecto e Compañeirismo.De aquí saen 2 campións: un de competición e outro de 'Fair Play'.Os partidos estiveron divididos en 4 partes de 10 minutos cada unha.Cada parte gañada suma 1 punto mentres que a empatada ou perdida, 0.Os resultados do Dépor Genuine foron os seguintes:Sábado 7 de marzoREAL SOCIEDAD FUNDAZIOA 2 - DÉPOR GENUINE 1Domingo 8 de marzoDÉPOR GENUINE 2 - CA OSASUNA 2

O Dépor ABANCA Alevín xogará este domingo 14 a final da Fase ...

Fases finais para ANOSACANTEIRA nos torneos amigables de Alem...

Saídas a partir do 30 de xuño no Dépor ABANCA

O Dépor ABANCA Alevín conclúe a primeira fase do Torneo LaLig...

Resultados deste venres en ANOSACANTEIRA; con triunfos do Ale...

Nsongo Bil, presente e futuro branquiazul ata 2030