
DÉPOR ABANCA · 30 AGOSTO 2025
FRAN ALONSO CRE QUE FOI "UN BO PARTIDO PARA APRENDER, PARA MELLORAR"
Fran Alonso manifestou na sala de prensa de ABANCA-RIAZOR após o empate ante o FC Badalona Women que "a algunhas xogadoras vinas un pouco máis nerviosas. A toma de decisión algunhas veces se nos nublaba. Cousas sinxelas, de circulación, que normalmente o temos bastante traballado, hoxe metiamos moito pase dentro que perdiamos. Custounos virar. É normal, primeiro partido en ABANCA-RIAZOR, todas desexando facer un gran partido e ilusionar a #ANOSAFORZA pero é un bo partido para aprender, para mellorar e tentar conseguir os 3 puntos ante o RCD Espanyol en Barcelona".O técnico deportivista, no entanto, recalca que "tivemos bastante posesión en campo rival. En último terzo si que se nos nublaba un pouco e non tiñamos as ideas claras. Tamén se notou o cansazo nos dous equipos. Esa fatiga afecta á toma de decisión".Cre que todo iso "son cuestións que imos mellorar. Sabemos que as podemos facer ben. É cuestión de velas en vídeo, traballalas, analizalas e espero que no seguinte partido podamos ver unha melloría nese aspecto".Preguntado pola ausencia de Raquel, Fran Alonso insiste en que "temos un cadro moi amplo. Hai como mínimo dúas xogadoras por posición. E a competición está a ser moi boa".Desvela que "queremos rotar o cadro, recompensar eses esforzos, dar oportunidade a xente que sobe de #ANOSACANTEIRA que o está facendo moi ben cando adestra connosco. Dános igual quen xoga porque o nivel que están a ofrecer é moi bo".

O RC Deportivo pecha a campaña 'O teu lugar en Primeira' con ...

Leo Román cre que "temos que medrar desde a portería a cero, ...

Á venda as entradas de público para o Dépor - Elche CF da 1ª ...

Regreso de madrugada á Coruña para o broche final da pretempo...

O Dépor faise co Trofeo Spagnolo ao derrotar o Genoa CFC no E...

Resultados da fin de semana en ANOSACANTEIRA, este sábado 8 d...