
DÉPOR · 31 AGOSTO 2026
HORARIOS DOS PARTIDOS DO DÉPOR ANTE O GETAFE CF, SEVILLA FC E REAL BETIS
LaLiga fixo públicos os partidos das xornadas 5ª, 6ª e 7ª de LaLiga EA Sports, nas que o Dépor visitará o Getafe CF, e recibirá en ABANCA-RIAZOR o Sevilla FC e o Real Betis.En primeiro lugar, Os Nosos visitarán o Coliseum getafense o domingo 13 de setembro ás 18:30, partido retransmitido en directo por Movistar LaLiga.

Case sen descanso, o mércores 16, o Dépor mídese en ABANCA-RIAZOR ao Sevilla FC, ás 19:00 horas con Dazn en aberto.
Este encontro corresponde á 6ª xornada.

Finalmente, o domingo 20 de setembro ás 18:30 o conxunto de Antonio Hidalgo enfróntase ao Real Betis, tamén en ABANCA-RIAZOR, a partir das 18:30 horas. Esta cita correspondente á 7ª xornada ten a Dazn como operador de televisión en directo.

Viaxe de regreso esta noite de Os Nosos e próximo adestrament...

O Dépor cae pola mínima e "con moita dor" ante o Atlético de ...

Resultados deste sábado en ANOSACANTEIRA feminina; e calendar...

Resultados deste sábado 24 en ANOSACANTEIRA, con derrota do F...

Os despachos de billetes do Palacio de los Deportes abren est...

Dolorosa derrota ante o CD Extremadura dun Fabril que «non es...