RCDeportivo Logo
https://www.instagram.com/rcdeportivo/https://www.tiktok.com/@rcdeportivohttps://x.com/RCDeportivohttps://www.facebook.com/RCDeportivo/https://www.youtube.com/@rcdeportivo
Inaugurada a Peña Deportivista A Crunia con Mulattieri, Arnau Comas, Samara e Marina Artero como padriños

DÉPOR · 24 XANEIRO 2026

INAUGURADA A PEÑA DEPORTIVISTA A CRUNIA CON MULATTIERI, ARNAU COMAS, SAMARA E MARINA ARTERO COMO PADRIÑOS

Os futbolistas Samuele Mulattieri, Arnau Comas, Samara Ortiz e Marina Artero foron os padriños da Peña Deportivista A Crunia, sita no restaurante do mesmo nome situado na rúa Enciclopedia Francesa da Coruña (zona de Vioño).Ao acto asistiron ademais representantes da Federación de Peñas encabezado polo seu Presidente Luis Martínez e do RC Deportivo como Iván Sánchez, Director de Infraestruturas, Operacións e Seguridade.Esta nova agrupación branquiazul convértese así nun punto de encontro para todas e todos os afeccionados que levan ao Dépor no corazón e entenden o deportivismo como unha forma de sentir, compartir e vivir A Coruña.La Peña Deportivista A Crunia nace co obxectivo de fomentar o compañeirismo, apoiar ao Deportivo en cada partido, organizar actividades, desprazamentos e encontros, e, sobre todo, crear unha familia branquiazul.