RCDeportivo Logo
https://www.instagram.com/rcdeportivo/https://www.tiktok.com/@rcdeportivohttps://x.com/RCDeportivohttps://www.facebook.com/RCDeportivo/https://www.youtube.com/@rcdeportivo
IO.GENIX únese ao Dépor como patrocinador e provedor oficial durante a temporada 2026-27

DÉPOR · 11 SETEMBRO 2026

IO.GENIX ÚNESE AO DÉPOR COMO PATROCINADOR E PROVEDOR OFICIAL DURANTE A TEMPORADA 2026-27

O RC Deportivo e IO.GENIX alcanzaron un acordo de patrocinio para a temporada 2026-27, mediante o cal a marca española de nutrición deportiva se incorpora ao programa de patrocinadores oficiais do Club.Como parte desta alianza, IO.GENIX será patrocinador oficial do primeiro equipo masculino do RC Deportivo e do Dépor ABANCA, reforzando así o vínculo da marca coa entidade branquiazul e cos seus equipos durante a temporada.En virtude do acordo, a marca contará con diferentes activos de visibilidade e activación na contorna do RC Deportivo, incluíndo presenza publicitaria no estadio ABANCA-RIAZOR, presenza nas canles oficiais do Club e accións vinculadas ás súas retransmisións e comunicacións dixitais.O acordo inclúe, así mesmo, diferentes accións de activación e contidos, entre elas a presenza de IO.GENIX nas retransmisións de Dépor Live, proxecto que potencia as retransmisións en directo dos partidos do Dépor a través da canle de Youtube do Club.A colaboración tamén contempla accións de hospitality e relación coa afección, coa dispoñibilidade de entradas VIP ao longo da temporada, ademais doutras experiencias vinculadas á contorna do primeiro equipo.Un dos aspectos máis destacados da alianza é a incorporación de iO.GENIX como provedor oficial de nutrición deportiva do primeiro equipo masculino do RC Deportivo e do Dépor ABANCA. A marca poñerá os seus produtos e experiencia no sector ao servizo dos futbolistas, contribuíndo a cubrir as súas necesidades de suplementación e nutrición deportiva ao longo da temporada.Con este acordo, o RC Deportivo e iO.GENIX inician unha alianza que une rendemento, innovación e paixón polo deporte, e que permitirá desenvolver novas accións para conectar coa ampla comunidade de afeccionados que rodea o Club.iO.GENIX é unha marca española especializada en nutrición deportiva, suplementación e alimentación saudable. Cunha aposta constante pola innovación, a calidade e o desenvolvemento de produtos de vangarda, a compañía traballa para ofrecer solucións adaptadas tanto a deportistas profesionais como a todas aquelas persoas que buscan mellorar o seu rendemento, benestar e estilo de vida.A través desta alianza, iO.GENIX reforza a súa vinculación co deporte profesional e consolida o seu compromiso cos valores do esforzo, a constancia e a superación.