
DÉPOR · 28 SETEMBRO 2026
JOSÉ MARÍA GIMÉNEZ SEGUIU DESDE O BANCO O TRIUNFO DE URUGUAY EN COREA DEL SUR NO SEGUNDO DOS SEUS AMIGABLES
José María Giménez está concentrado con Uruguai con motivo de 3 partidos amigables nesta xanela de seleccións.Os rivais son Xapón, Corea del Sur e India nun maratón de máis de 33.000 quilómetros para o defensa deportivista ata o seu regreso á Coruña, o 7 de outubro.O segundo dos encontros para o futbolista do Dépor disputouse este luns 28 de setembro ante os surcoreanos.O choque, que tivo como escenario o Seúl World Cup Stadium, foi para os uruguaios por 1-4.O futbolista branquiazul seguiu o choque desde o banco e non chegou a saltar ao terreo de xogo.A terceira e última cita da 'Celeste', noutro novo amigable, será o martes 6 de outubro en Calcuta ante a India.O primeiro dos partidos para Giménez disputouse o pasado xoves 24 de setembro ante Xapón no Estadio Grandy-21 da cidade xaponesa de Nigayi.O central deportivista saltou ao céspede no minuto 67 en substitución do exbarcelonista Araújo e cumpriu 100 partidos coa súa selección nacional.O choque acabou con vitoria xaponesa por 3-1.O calendario de partidos, cos resultados dos xa disputados, é o seguinte:Xoves 24 de setembroXAPÓN 3 - URUGUAI 1Luns 28 de setembroCOREA DEL SUR 1 - URUGUAI 4Martes 6 de outubro19:00 (hora local, 15:30 hora galega): INDIA - URUGUAI, no VYBK Stadium de Calcuta


As Nosas retoman os adestramentos tras a xesta ante o Barça e...

David Mella disputa a segunda metade do Albania-España sub-21...

O Dépor arrinca a semana de traballo previa á visita ao Depor...

O Dépor Genuine arranca unha edición máis de LaLiga Genuine M...

A RC Deportivo Fundación participa en Brescia nunha reunión d...

A Xunta Xeral Ordinaria do Real Club Deportivo da Coruña SAD ...