
DÉPOR · 5 OUTUBRO 2026
LUCAS NOUBI ENFRÓNTASE ESTE MARTES 6 DE OUTUBRO A DINAMARCA NO SEU ÚLTIMO PARTIDO CON BÉLXICA SUB-21 NESTA XANELA DE SELECCIÓNS
Lucas Noubi está concentrado coa selección belga sub-21 para disputar 3 partidos nesta xanela de seleccións, todos eles clasificatorios para o Campionato de Europa da categoría.O terceiro e último partido para o xogador deportivista será o martes 6 de outubro ás 18:30 ante Dinamarca no Vejle Stadion da cidade danesa de Vejle.Bélxica lidera lidera o grupo I con 16 puntos polos 14 de Dinamarca na 2ª posición.Lucas Noubi xogou completos os dous encontros anteriores, resoltos con vitoria por 1-0 ante Bielorrusia e Gales.O calendario de Bélxica sub-21, cos resultados dos partidos xa disputados, é o seguinte:Xoves 24 de setembroBÉLXICA 1 - BIELORRUSIA 0Martes 29 de setembroBÉLXICA 1 - GALES 0Martes 6 de outubro18:30: DINAMARCA - BÉLXICA, no Vejle Stadion (Vejle)Finalizado o encontro, Lucas Noubi regresa a A Coruña, con chegada prevista ao longo do mércores 7 de outubro.

As familias tamén forman parte do equipo en ‘One Team, No Lim...

Cita ligueira para o Fabril FC Alevín este martes 6 de outubr...

Bright Ede foi de novo titular con Polonia sub-21, derrotada ...

Á venda as entradas para o público para o Dépor - Levante UD ...

O RC Deportivo, elixido en setembro por La Liga como Club do ...

O CE Europa de Segunda Federación crúzase no camiño copeiro d...