RCDeportivo Logo
https://www.instagram.com/rcdeportivo/https://www.tiktok.com/@rcdeportivohttps://x.com/RCDeportivohttps://www.facebook.com/RCDeportivo/https://www.youtube.com/@rcdeportivo
Michi Apóstol xogou a segunda metade do último amigable de Venezuela ante Colombia

DÉPOR ABANCA · 14 OUTUBRO 2026

MICHI APÓSTOL XOGOU A SEGUNDA METADE DO ÚLTIMO AMIGABLE DE VENEZUELA ANTE COLOMBIA

Foto: Vinotinto FemeninaMichi Apóstol (na foto, a primeira xogadora agachada empezando pola esquerda) estivo concentrada coa selección de Venezuela para disputar dous partidos ante Colombia nesta data FIFA.Os encontros disputáronse no Centro Nacional de Alto Rendimiento de Margarita.O segundo para a futbolista branquiazul xogouse onte á noite.A xogadora do Dépor ABANCA saltou ao céspede tras o descanso en substitución de Abril Alejo nun partido que gañou Colombia por 1-2.O primeiro dos encontros entre ambas as seleccións celebrouse o pasado sábado 10 de outubro.Nesta ocasión, a atacante deportivista saíu no once inicial e foi substituída no minuto 88 por Michelle Romero.O marcador tamén favoreceu a Colombia, que se impuxo por 0-1.Os resultados dos encontros foron os seguintes:Sábado 10 de outubroVENEZUELA 0 - COLOMBIA 1Martes 13 de outubroVENEZUELA 1 - COLOMBIA 2Michi Apóstol, que este venres 16 recibirá no Dépor Training Center o premio Estrella Galicia á mellor xogadora do Dépor ABANCA no mes de setembro, suma 5 partidos ata a data na Liga F, un deles como titular.