
DÉPOR ABANCA · 14 OUTUBRO 2026
ACCIDENTADO EMPATE DE SOFÍA DOMÍNGUEZ CON ARXENTINA ANTE BRASIL EN RECIFE
Foto: Selección ArxentinaSofía Domínguez estivo concentrada coa selección de Arxentina para disputar dous amigables ante Brasil nesta xanela FIFA.As arxentinas xa están clasificadas para disputar o próximo Mundial 2027.O segundo encontro da futbolista do Dépor ABANCA coa súa selección foi esta pasada madrugada no Arena Pernambuco de Recife.O choque foi accidentado para Sofía Domínguez, que saltou ao campo tras o descanso e, despois de que o seu equipo lograse o empate (2-2) no marcador, foi expulsada no minuto 57.Nada máis concluír o encontro, a polivalente xogadora deportivista regresa á Coruña.O primeiro dos amigables entre ambos os conxuntos xogouse o pasado sábado 10 de outubro en Porto Alegre.Sofía Domínguez foi titular nun partido que caeu do lado das brasileiras por 3-1. Foi substituída no minuto 84 por Martina del Trecco.Os resultados da futbolista branquiazul foron os seguintes:Sábado 10 de outubroBRASIL 3 - ARXENTINA 1Martes 13 de outubroBRASIL 2 - ARXENTINA 2Ata a data, Sofía Domínguez leva 5 partidos xogados co Dépor ABANCA, 1 deles como titular; e 1 gol marcado.

Daniela Caracas estivo os 90 minutos sobre o céspede no segun...

Michi Apóstol xogou a segunda metade do último amigable de Ve...

Inês Pereira non tivo minutos no novo triunfo de Portugal ant...

Calendario de partidos en ANOSACANTEIRA, con derbi para o Fab...

Á venda as entradas para o público para o Dépor - CA Osasuna ...

O Dépor sobe o ritmo de traballo cunha sesión de martes de al...