RCDeportivo Logo
https://www.instagram.com/rcdeportivo/https://www.tiktok.com/@rcdeportivohttps://x.com/RCDeportivohttps://www.facebook.com/RCDeportivo/https://www.youtube.com/@rcdeportivo
Daniela Caracas estivo os 90 minutos sobre o céspede no segundo amigable fronte a Venezuela

DÉPOR ABANCA · 14 OUTUBRO 2026

DANIELA CARACAS ESTIVO OS 90 MINUTOS SOBRE O CÉSPEDE NO SEGUNDO AMIGABLE FRONTE A VENEZUELA

Foto: Selección ColombiaDaniela Caracas estivo concentrada coa selección de Colombia, vixente campioa da CONMEBOL Liga de Naciones, para 2 amigables ante Venezuela neste parón de seleccións.Os encontros disputáronse no Centro Nacional de Alto Rendemento de Margarita, en Venezuela.A segunda cita para a xogadora blanquiazul foi onte á noite.Caracas xogou completo un encontro que rematou con vitoria colombiana por 1-2.O primeiro deles xogouse o pasado sábado 10 de agosto.Nesta ocasión, a lateral do Deportivo ABANCA seguiu o partido desde o banco e non chegou a saltar ao céspede nun encontro que tamén gañou Colombia por 0-1.Concluído o choque, a defensa deportivista emprendeu a viaxe de regreso á Coruña para incorporarse aos adestramentos este xoves 15 de outubro.Os resultados de Daniela Caracas con Colombia foron os seguintes:Sábado 10 de outubroVENEZUELA 0 - COLOMBIA 1Martes 13 de outubroVENEZUELA 1 - COLOMBIA 2