
CANTERA · 13 NOVEMBRO 2025
MICHI APÓSTOL XOGARÁ CON VENEZUELA OS PARTIDOS DA LIGA DE NACIONES ANTE ECUADOR E PERÚ
Floriangel Mitchell Apóstol Argüelles (Lara, Venezuela, 7 de setembro de 2005), coñecida futbolísticamente como 'Michi' Apóstol, foi convocada por Venezuela para dous partidos correspondentes á COMMEBOL Liga de Naciones 2025.Os rivais da canteirá deportivista serán Ecuador e Perú.A atacante branquiazul deberá incorparse á concentración da 'Vinotinto' o luns 24 de novembro en Quito.O calendario de partidos é o seguinte:Venres 28 de novembro18:00 (hora local, 00:00 do sábado 29 en Galicia): ECUADOR - VENEZUELA, no Estadio Rodrigo Paz Delgado de Quito (Ecuador)Martes 2 de decembro19:00 (hora local, 00:00 DO mércores 3 en Galicia): VENEZUELA - PERÚ, no Estadio Metropolitano de Lara en Cabudare (Venezuela)Co empate ante Chile (0-0) na 1ª xornada e o triunfo en Paraguai (1-2), Michi Apóstol e Venezuela suman 4 puntos, situados na 3ª posición da clasificación da competición.A futbolista branquiazul estreouse nesta liga co primeiro equipo a pasada fin de semana ante o FC Barcelona e foi titular no partido de Copa de la Reina disputado no Estadio Parque Atlántico de Las Palmas de Gran Canaria ante o Guiniguada Apolinario CD.No Dépor ABANCA B, a internacional venezolana xogou 7 partidos, todos eles de titular, e anotou 2 goles.

As Nosas retoman os adestramentos tras a xesta ante o Barça e...

David Mella disputa a segunda metade do Albania-España sub-21...

O Dépor arrinca a semana de traballo previa á visita ao Depor...

O Dépor Genuine arranca unha edición máis de LaLiga Genuine M...

A RC Deportivo Fundación participa en Brescia nunha reunión d...

A Xunta Xeral Ordinaria do Real Club Deportivo da Coruña SAD ...