
DÉPOR · 6 XUÑO 2026
ESCUDERO, CRISTIAN HERRERA, 'STOICHKOV', MULATTIERI E GRAGERA NON CONTINUARÁN NO DEPORTIVO A PRÓXIMA TEMPORADA
Sergio Escudero, Cristian Herrera, Juan Diego Molina 'Stoichkov', Samuele Mulattieri e Jose Gragera non continuarán no Deportivo a próxima temporada.A súa etapa no Dépor quedará para sempre unida a unha campaña inesquecible, unha temporada que devolveu o Club ao lugar que merece e que culminou co regreso á máxima categoría do fútbol profesional español.Cada un deles achegou o seu traballo, o seu esforzo diario, o seu compromiso e a súa profesionalidade para axudar o equipo a acadar un obxectivo que fixo feliz a todo o deportivismo.Máis alá dos minutos disputados, dos goles, das asistencias ou das actuacións sobre o céspede, formaron parte dun vestiario que soubo crer, competir e superar cada desafío ata alcanzar a meta soñada.Os 5 futbolistas pechan unha etapa, pero o recordo da súa contribución permanecerá sempre ligado a unha das páxinas máis felices da historia recente do Club.O RC Deportivo lles desexa a maior das sortes nos seus futuros retos profesionais e persoais.

Fernando Soriano advirte que "non imos precipitarnos en ningú...

O RC Deportivo habilita unha opción online para a renovación...

Primeiro día de Jonathan Asp Jensen no Dépor, con dobre sesió...

Teun Gijselhart, na súa presentación, fala do Dépor como "un ...

Os dous primeiros partidos do Dépor en LaLiga EA Sports, ante...

O RC Deportivo presenta a súa segunda equipación para a tempo...