
DÉPOR · 13 OUTUBRO 2025
NOVA SESIÓN DE TRABALLO DO DÉPOR NADA MÁIS ATERRAR EN GALICIA E "PENSAR NO SEGUINTE. NON QUEDA OUTRA"
Nada máis aterrar en Galicia, o Dépor marchouse directamente ao Dépor Training Center para unha nova sesión de traballo que arrincou ás 15:15.Onte na sala de prensa de La Rosaleda após o choque ante o Málaga CF, Antonio Hidalgo manifestou que "hai que analizar o partido e pensar no seguinte. Non queda outra".Os titulares, aos que se lles uniu Stoichkov, pasaron a tarefas de recuperación mentres que para o resto, houbo unha activación cunha roda de pases.David Mella regresa esta noite á Coruña procedente do Mundial sub-20 de Chile; Lucas Noubi xoga este martes con Bélxica sub-21; Daniel Bachmann está con repouso deportivo no seu domicilio; e Ximo Navarro e Quagliata tiveron adestramento personalizado.

Os 3 canteiráns que viaxaron a Málaga foron os representantes de ANOSACANTEIRA: Samu, Quique Teijo e Hugo Ríos.Este martes 14 de outubro hai xornada de descanso para o cadro.Os Nosos comezarán o mércores 15 de outubro a preparar un novo partido lonxe de ABANCA-RIAZOR, o do domingo 19 de outubro ás 18:30 (LaLiga TV Hypermotion e Fútbol 2, dispoñible tamén en DIGI TV e outras plataformas) en El Sardinero ante o Real Racing Club.


O Dépor Genuine, Torre SD e Real Avilés comparten unha xornad...

A RFEF adianta ás 13:00 horas o Fabril - CD Extremadura e fix...

Este venres 16 abre a OAD de 9:15 a 14:00 e os despachos de b...

Antonio Hidalgo advirte de que en LaLiga EA Sports "todo te p...

Os Nosos, que están «facendo as cousas ben», reciben este ven...

O Dépor ABANCA desprázase este sábado 17 ao País Vasco para o...