RCDeportivo Logo
https://www.instagram.com/rcdeportivo/https://www.tiktok.com/@rcdeportivohttps://x.com/RCDeportivohttps://www.facebook.com/RCDeportivo/https://www.youtube.com/@rcdeportivo
O Dépor ABANCA, co impulso de Cris Martínez e Millene Cabral, mídese en Buñol ao Levante UD, un rival directo

DÉPOR ABANCA · 19 ABRIL 2025

O DÉPOR ABANCA, CO IMPULSO DE CRIS MARTÍNEZ E MILLENE CABRAL, MÍDESE EN BUÑOL AO LEVANTE UD, UN RIVAL DIRECTO

O Dépor ABANCA visita mañá domingo 20 de abril ao Levante UD a partir das 12:00 (Dazn) na Cidade Deportiva de Buñol, en partido correspondente á 26ª xornada na Liga F.Após o triunfo ante o FC Levante Badalona en ABANCA-RIAZOR a pasada fin de semana, As Nosas chegan ao choque con 26 puntos, situadas na 11ª posición.O equipo deportivista saltará ao céspede co impulso dunha xogadora que non viaxou, Cris Martínez, de baixa por maternidade; e doutra habitual nas aliñacións titulares, Millene Cabral, renovada esta semana até xuño de 2027 no Dépor ABANCA.Fran Alonso, en rolda de prensa, desvelou que tivo 4 casos como o de Cris na súa traxectoria como adestrador tanto en Estados Unidos como en Escocia: "Para min é unha cousa moi normal. Falei con Cris, co Club na experiencia que eu vivín. Cris é un exemplo perfecto porque é a nosa capitá. Estou súper contento. Ímola a botar de menos no campo pero sei que nos vai a estar a apoiar desde fóra e vai cumprir o seu rol como capitá desde fóra. Ímola a apoiar en todo. É a primeira que temos con esta experiencia tan bonita. Queremos que sexa algo moi especial para ela, para a súa familia e para o Club. Os 3 puntos seguintes que consigamos van para ela".Da continuidade de Millene opina que "di moito do equipo que a pesar de non estar matematicamente salvado xogadoras moi boas, moi cotizadas, con equipos detrás, decidan quedar aquí. Di moito do Club, da aposta do Club pola nosa sección e do traballo diario que facemos todas. Isto pasou con Eva Dios, Ainhoa, Vera... e agora Millene. É un orgullo. Estou contentísimo por ela, por nós e oxalá que iso pase con todas as xogadoras que queremos que queden".Pola súa banda, o Levante UD, que a semana pasada venceu por 2-3 ao Athletic Club en Lezama, é 14º con 23 puntos.Na primeira volta disputada en ABANCA-RIAZOR o pasado 17 de xaneiro (15ª xornada) venceron As Nosas (1-0) con gol de Millene no minuto 50.As granotas en casa nesta temporada gañaron ao UD Costa Adeje Tenerife Egatesa (2-0); empataron co Sevilla FC (0-0), RCD Espanyol (1-1) e FC Levante Badalona (1-1); e perderon co Athletic Club (0-1), Real Sociedad (1-2), FC Barcelona (1-4), Valencia Féminas (1-2), Granada CF (2-3), Real Madrid CF (1-2), Real Betis Balompié (1-2) e SD Eibar (1-2).Anissa Lahmari, futbolista levantina, asegurou que mañá domingo "van ser tres puntos moi importantes para salvarnos en Liga F".As Nosas realizaron este sábado, ás 8:30, unha última sesión de adestramento en Abegondo antes de partir de viaxe segundo esta folla de ruta:Sábado 19 de abril8:30: Adestramento en Abegondo10:15: Saída en autocar ao Aeroporto de Asturias14:05: Saída do voo do Aeroporto de Asturias con destino ao Aeroporto de Valencia15:30 (horario aproximado): Chegada ao Aeroporto de Valencia e traslado ao Hotel Port AzafataDomingo 20 de abril12:00: Levante UD - Deportivo ABANCA, na Cidade Deportiva de BuñolAo concluír, regreso en autocar á CoruñaAs Nosas adestraranse de novo en Abegondo o mércores 23 de abril ás 11:00 en Abegondo.