
DÉPOR · 13 NOVEMBRO 2025
O DÉPOR ULTIMA OS DETALLES NO DÉPOR TRAINING CENTER PARA UN NUEVO ARCÁNGEL QUE "METE MOITA XENTE, QUE APERTA CONTINUAMENTE"
O Dépor ultimou os detalles no campo 2 para o partido deste domingo 16 de novembro ás 18:30 (LaLiga TV Hypermotion, TVG, GOL, TEN e Cayo TV) ante o Córdoba CF nun Bahrein Victorious Nuevo Arcángel que "mete moita xente, aperta continuamente", segundo declarou Diego Villares na sala de prensa.O capitán branquiazul advirte que o conxunto andaluz "tenta asfixiarche o máximo posible alto para recuperar preto da portería rival. Esa presión alta converte o partido en difícil aos rivais".O cadro completou a sesión cunha activación con finalizacións e un xogo de posición no campo 3.Jose Gragera estivo co grupo xa a primeira parte da sesión e a continuación seguiu con traballo específico.

Pola súa banda, Ximo Navarro, Escudero e Bachmann están con adestramento personalizado.Hugo Ríos, Samu, Quique Teijo e Pablo García foron os representantes de ANOSACANTEIRA.Este venres 14 de novembro Os Nosos adestraranse por última vez esta semana no Dépor Training Center posto que a sesión do sábado 15 terá lugar na Cidade Deportiva do Córdoba CF a partir das 18:00 horas.


Pierre-Emerick Aubameyang comezou este martes 27 a facer algu...

A viaxe do RC Deportivo Business Club ao Riyadh Air Metropoli...

Alberto Rodríguez móstrase tras o triunfo ante o Deportivo Al...

Adestramento en grupos este luns 26 de outubro para Os Nosos ...

LÃBERIT e o RC Deportivo seguen avanzando xuntos as próximas ...

En marcha o DéporCampus Argentina, que se desenvolverá do 7 a...