
DÉPOR FABRIL · 12 ABRIL 2026
O FABRIL ASCENDE A PRIMERA FEDERACIÓN E CRECE O FUTURO DE TODO O CLUB
O Fabril xa é equipo de Primera Federación. Logrouno proclamándose campión do Grupo I de Segunda Federación a falta de tres xornadas, culminando unha temporada sobresaliente que transcende os resultados e conecta directamente coa esencia do RC Deportivo.Os fabrilistas regresan á categoría de bronce do fútbol español, un escenario que coñecen ben e que hoxe volven conquistar desde o orgullo de pertencer a unha canteira que non deixa de crecer.Este ascenso é moito máis que un logro deportivo. É a confirmación dun camiño. O dun club que cre na súa xente, que aposta pola súa terra e que entende o fútbol como un proxecto a longo prazo, baseado no esforzo, a formación e a identidade.O actual cadro é o mellor reflexo dese modelo: 12 futbolistas galegos, 11 deles da provincia da Coruña, e 6 con máis dunha década de formación no Club. A eles súmanse 11 canteiráns en idade xuvenil que tiveron protagonismo neste ascenso. Xogadores que non só compiten, senón que senten o escudo, porque creceron con el.Todos eles son froito dun ecosistema que empeza na base, que se forma no Dépor Training Center e que se proxecta cara ao futuro. Unha canteira que non só forma futbolistas, senón persoas, transmitindo valores como o compromiso, a constancia, a humildade e a ambición de superarse cada día. Un modelo que o Club definiu como estrutural e que entende o talento local como alicerce de identidade e futuro.O Fabril culmina así unha temporada de entrega, constancia e bo facer. Un equipo que competiu con personalidade, que soubo resistir, crecer e crer, reflectindo o ADN dun club historicamente asociado á loita, a paixón e a superación.Este ascenso non é froito da casualidade. É o resultado do traballo conxunto, dunha estrutura sólida e dunha dirección que aposta forte polo talento desenvolvido en casa.E faino con Manuel Pablo no banco. Unha lenda branquiazul que representa como poucos os valores do Dépor. Campión de Liga, Copa del Rey e Supercopas como xogador, hoxe guía a unha nova xeración que segue a súa mesmo camiño: crecer desde dentro para chegar máis lonxe.O RC Deportivo celebra este logro con orgullo. Pero, sobre todo, celébrao como o que é: un sinal de futuro.Porque con este logro do Fabril non só ascende o equipo, crece o futuro de todo o Club.


Dous grupos de traballo este luns 18 de maio no Dépor Trainin...

Eddahchouri ve o Dépor como un "gran equipo" e Villares recal...

Antonio Hidalgo: "Estamos facendo un traballo brutal pero hai...

Resultados en ANOSACANTEIRA feminina, co Dépor ABANCA B subca...

Resultados da fin de semana en ANOSACANTEIRA, este domingo co...

Os Nosos adéstranse este luns 18 de maio ás 10:30 no Dépor Tr...