RCDeportivo Logo
https://www.instagram.com/rcdeportivo/https://www.tiktok.com/@rcdeportivohttps://x.com/RCDeportivohttps://www.facebook.com/RCDeportivo/https://www.youtube.com/@rcdeportivo
Os Nosos afinan a puntería de cara ao partido ante o Real Betis

DÉPOR · 18 SETEMBRO 2026

OS NOSOS AFINAN A PUNTERÍA DE CARA AO PARTIDO ANTE O REAL BETIS

O Dépor afía o cabeiro de cara ao encontro deste domingo 20 de setembro ás 18:30 (Dazn) en ABANCA-RIAZOR ante o Real Betis.Así, Antonio Hidalgo dispuxo unha tarefa de finalizacións no campo 2 posterior a un xogo de posición.Entre os futbolistas á disposición do corpo técnico está o dianteiro Nsongo Bil, de quen un dos seus adestradores no Dépor, Manuel Pablo, manifestou que «alegrámonos por el primeiro porque en cada adestramento que pode vén vernos. Segue estando preto dos seus compañeiros do Fabril. Esa evolución xa a viamos porque ten un potencial moi forte. Sobre todo ten moita fame e moitas ganas de aprender. Está a demostralo, está sendo titular, está a facer un bo papel».Espera que «non se obsesione co tema dos goles porque está a traballar moito e, sobre todo, ten moita fame».

bright0918.jpg

Nunha semana de 3 partidos, este venres 18 de setembro realizaron traballo personalizado Aubameyang e Amatucci, dous dos futbolistas con máis carga de minutos.Este sábado 19, o Dépor realizará a última sesión de adestramento no Dépor Training Center a partir das 10:30 horas.

  • adama0918.jpg
  • yeremay0918.jpg
  • danibarcia0918.jpg
  • german0918.jpg
  • angeliño0918.jpg