
DÉPOR · 1 SETEMBRO 2026
OS NOSOS, «TODOS AQUÍ TRABALLANDO MOITO», ARRINCAN O MES DE SETEMBRO COA PREPARACIÓN DO PARTIDO DESTE SÁBADO 5 EN VILLARREAL
Os Nosos, este martes con xornada de descanso, arrincan o mércores 2 o mes de setembro coa preparación da visita ao Villarreal CF, o sábado 5 ás 21:00 (Movistar LaLiga) no Estadio de La Cerámica.Pierre-Emerick Aubameyang asegurou na zona mixta de ABANCA-RIAZOR o pasado domingo que "todos estamos aquí traballando moito".Os resultados da última xornada, co triunfo ante o Valencia CF, deixaron o Dépor con 5 puntos na 8ª posición.Con todo, Antonio Hidalgo sostén que "intentamos ter todas as facetas controladas. Hai cousas que sempre se poden mellorar e niso imos insistir".O corpo técnico disporá de 3 sesións matinais no Dépor Training Center antes do partido ante o Villarreal CF, con este plan semanal:Mércores 2 de setembro10:30 h.Xoves 3 de setembro10:30 h.Venres 4 de setembro10:30 h.Sábado 5 de setembro21:00: Villarreal CF - Deportivo, no Estadio de La Cerámica


Sofía Domínguez enfróntase con Argentina este sábado 10 de ou...

Daniela Caracas, ante Michi Apóstol nun amigable de Colombia ...

Michi Apóstol mídese este sábado 10 de outubro con Venezuela ...

Inês Pereira foi titular este venres 9 ante Irlanda do Norte ...

"Temos que medrar para seguir competindo ben nesta categoría"...

Antonio Hidalgo, respecto ás baixas, advirte que «tamén hai x...