
DÉPOR · 21 ABRIL 2025
ÓSCAR GILSANZ ADVIRTE QUE "QUEDAN 6 XORNADAS, 18 PUNTOS, MOITAS COUSAS EN XOGO"
Óscar Gilsanz subliñou na sala de prensa de ABANCA-RIAZOR ao concluír o encontro ante o CD Tenerife e alcanzar os 50 puntos que "quedan 6 xornadas, 18 puntos, moitas cousas en xogo".Aprecia unha Liga Hypermotion "extremadamente igualada. Hai moitos empates, moitos partidos que se deciden por pequenos detalles. E nós temos que seguir traballando niso".Nesta liña, pide o técnico deportivista "seguir construíndo un equipo forte. Levamos unha boa serie de resultados en canto a non perder, en canto a ir sumando cada semana. Para esta categoría este tipo de xeiras é difícil de encadear".Cre que "lle estamos tamén dando estabilidade a encaixar pouco. Na segunda volta somos, con outros 2 ou 3 equipos, os menos goleados. A partir de aí crecer nesa estabilidade para que os nosos xogadores de ataque con desequilibrio no un contra un estean máis liberados".

As Nosas retoman os adestramentos tras a xesta ante o Barça e...

David Mella disputa a segunda metade do Albania-España sub-21...

O Dépor arrinca a semana de traballo previa á visita ao Depor...

O Dépor Genuine arranca unha edición máis de LaLiga Genuine M...

A RC Deportivo Fundación participa en Brescia nunha reunión d...

A Xunta Xeral Ordinaria do Real Club Deportivo da Coruña SAD ...