
DÉPOR · 9 OUTUBRO 2025
PARTE MÉDICO DE XIMO NAVARRO
Ximo Navarro foi sometido a probas médicas para coñecer o alcance exacto das molestias que lle obrigaron a pedir o cambio na segunda metade do partido ante a UD Almería o pasado sábado en ABANCA-RIAZOR.Os Servizos Médicos do RC Deportivo confirmaron unha lesión en tendón proximal da musculatura isquiotibial da súa perna esquerda.O futbolista estará uns días con tratamento médico e de fisioterapia antes de iniciar a súa fase de readaptación física baixo a supervisión do readaptador, Nando Rodríguez.A evolución marcará o seu regreso aos adestramentos co grupo.

Silleda luce o seu DéporCampus, xa na súa 7ª edición

RC Deportivo: nova identidade, mesmo sentimento

O Dépor presenta a actualización do seu escudo nos Arcados da...

Suspendida este martes 23 de xuño pola calor a semifinal do A...

En marcha a quinta edición do DéporCampus do Colexio Internac...

A Xunta Xeral Extraordinaria do RC Deportivo aproba a adecuac...