
DÉPOR · 2 SETEMBRO 2026
PRIMEIRA TAREFA TÁCTICA NO DÉPOR DE CARA AO PARTIDO DESTE SÁBADO ÁS 21:00 NO ESTADIO DE LA CERÁMICA
O Dépor regresou aos adestramentos este mércores 2 de setembro no Dépor Training Center despois da xornada de descanso deste martes 1.Os Nosos pasan páxina tras o triunfo ante o Valencia CF en ABANCA-RIAZOR, cuxos mellores momentos podes ver no vídeo ao pé desta liña.
Á espera da incorporación ao grupo de Jose María Giménez (na foto ao pé desta liña á súa chegada este mediodía ao Aeroporto de A Coruña) e Marc Casadó (na foto inferior), tras as súas fichaxes onte á noite nas últimas horas do peche de mercado, Antonio Hidalgo contou con todo o seu cadro de xogadores sobre o céspede agás Noé.

O corpo técnico dispuxo unha activación con rondos para comezar.A continuación Antonio Hidalgo ordenou un xogo de posición antes de pasar a unha tarefa táctica no campo 2, xa orientada ao encontro ante o conxunto castellonense.A sesión sobre o céspede concluíu con fútbol en espazo reducido, de alta intensidade.Este xoves 3 de setembro, o Dépor continuará a partir das 10:30 a preparación do encontro ante o Villarreal CF, este sábado 5 de setembro ás 21:00 (Movistar LaLiga) no Estadio de La Cerámica.


Sofía Domínguez enfróntase con Argentina este sábado 10 de ou...

Daniela Caracas, ante Michi Apóstol nun amigable de Colombia ...

Michi Apóstol mídese este sábado 10 de outubro con Venezuela ...

Inês Pereira foi titular este venres 9 ante Irlanda do Norte ...

"Temos que medrar para seguir competindo ben nesta categoría"...

Antonio Hidalgo, respecto ás baixas, advirte que «tamén hai x...