RCDeportivo Logo
https://www.instagram.com/rcdeportivo/https://www.tiktok.com/@rcdeportivohttps://x.com/RCDeportivohttps://www.facebook.com/RCDeportivo/https://www.youtube.com/@rcdeportivo
Resultados deste mércores 30 de setembro en ANOSACANTEIRA e calendario dunha fin de semana co Fabril en Logroño

CANTERA · 30 SETEMBRO 2026

RESULTADOS DESTE MÉRCORES 30 DE SETEMBRO EN ANOSACANTEIRA E CALENDARIO DUNHA FIN DE SEMANA CO FABRIL EN LOGROÑO

Dous partidos xogáronse este mércores 30 de setembro en ANOSACANTEIRA.No campo Arsenio Iglesias, o Fabril e o SC Braga víronse as caras nun amigable de preparación a porta pechada: 1-3.Frank Iglesias anotou o único tanto dun filial que non puido contar con Kevin, Noé, Quique Teijo, Ferrán Seco, Yayo, Álvaro Fraga e Íker Gil, xa que se adestraron á mesma hora co primeiro equipo.Así mesmo, o Alevín A (na foto inferior), que a pasada fin de semana participou no torneo Malinwa International Cup 2026, venceu (0-14) o Oza Juvenil SD no seu partido ligueiro correspondente á pasada xornada.En canto á fin de semana, o conxunto de Manuel Pablo visita o líder da Primera Federación, o UD Logroñés.O encontro disputarase no Estadio de Las Gaunas o domingo 4 de outubro ás 12:00, retransmitido en directo por Fan Play TV.Os fabrilistas chegan ao choque coas boas sensacións tras o triunfo en ABANCA-RIAZOR ante o Real Unión e con 8 puntos na táboa.Tamén o domingo 4 ás 12:00, o Xuvenil B enfróntase no Dépor Training Center ao ED Val Miñor Nigrán B e o Cadete ao CD Lugo no Municipal Rodríguez Lago.O resto dos equipos, incluídos o Alevín A e os benxamíns en fútbol 7, xogan o sábado 3 de outubro.O Xuvenil A recibe (16:30) o Real Avilés Industrial no campo Arsenio Iglesias.Así mesmo, o Infantil mídese ao Cidade de Ribeira CF no Dépor Training Center (12:30) e o San Tirso SD Cadete ao Racing de Ferrol en O Monte (10:30).Fóra da casa, o San Tirso SD Infantil vese as caras co ED Val Miñor Nigrán en Condomínguez a partir das 16:00 horas.

fabrilbraga0930.jpg

O calendario de partidos, cos resultados dos xa disputados, é o seguinte:Primera FederaciónAmigable: FABRIL 1 (Frank Iglesias) - SC BRAGA B 36ª xornada: UD LOGROÑÉS - FABRIL, o domingo 4 de outubro ás 12:00 en Las GaunasClasificación: 1. UD Logroñés, 13 puntos... 5. CD Mirandés, 10 puntos; 6. Pontevedra CF, Fabril, Cultural Leonesa e SD Ponferradina, 8 puntos; 10. Real Unión, Zamora CF e Racing de Ferrol, 7 puntos...Categoría xuvenil4ª xornada: XUVENIL A - REAL AVILÉS INDUSTRIAL, o sábado 3 de outubro ás 16:30 no campo Arsenio IglesiasClasificación da División de Honor: ... 2. Sporting de Gijón, Real Racing Club e CD Lugo, 7 puntos; 5. Xuvenil A e ED Val Miñor Nigrán, 6 puntos; 7. Real Oviedo, TSK Roces, Real Avilés Industrial, Ural Español CF e RS Gimnástica de Torrelavega, 4 puntos...4ª xornada: XUVENIL B - ED VAL MIÑOR NIGRÁN B, o domingo 4 de outubro ás 12:00 no Dépor Training CenterClasificación da Liga Nacional: ... 4. Coruxo FC, 8 puntos; 5. Xuvenil B, Pontevedra CF, Atlético Coruña Montañeros CF, CD Areosa e CD Choco, 6 puntos... 13. ED Val Miñor Nigrán B, 4 puntos...Categoría cadete4ª xornada: CD LUGO - CADETE, o domingo 4 de outubro ás 12:00 no Municipal Rodríguez Lago4ª xornada: SAN TIRSO SD CADETE - RACING DE FERROL, o sábado 3 de outubro ás 10:30 no MonteClasificación da División de Honor: 1. RC Celta e Cadete, 9 puntos; 3. San Tirso SD Cadete e Ural Español CF, 7 puntos; 5. ED Val Miñor Nigrán e Racing de Ferrol, 6 puntos... 15. CD Lugo, 0 puntos...Categoría infantil4ª xornada: INFANTIL - CIDADE DE RIBEIRA CF, o sábado 3 de outubro ás 12:30 no Dépor Training Center4ª xornada: ED VAL MIÑOR NIGRÁN - SAN TIRSO SD INFANTIL, o sábado 3 de outubro ás 16:00 en Condomínguez (Nigrán)Clasificación da División de Honor: 1. ED Val Miñor Nigrán e RC Celta, 9 puntos; 3. CD Lugo, 7 puntos; 4. Infantil, San Tirso SD Infantil e Ural Español CF, 6 puntos... 16. Cidade de Ribeira CF, 0 puntosCategoría alevínPrimera Futgal A Coruña, 2ª xornada: OZA JUVENIL SD 0 - ALEVÍN A 14 (Nico Castro -4-, Mateo Pastorín -3-, César Leira -2-, Manu Parada -2-, Marco Dios, Pablo Gómez e Leo Barro)Primera Futgal A Coruña, 3ª xornada: ALEVÍN A - CD CALASANZ, o sábado 3 de outubro ás 10:30 na Torre (campo 1.1)Primera Futgal A Coruña, 3ª xornada: FABRIL FC ALEVÍN - SD ACEA DE AMA, o martes 6 de outubro ás 18:15 no Pinar (Vizoño)Categoría benxamínPrimera Futgal A Coruña, 3ª xornada: BENXAMÍN A - CD CALASANZ, o sábado 3 de outubro ás 11:30 na Torre (campo 1.2)Primera Futgal A Coruña, 3ª xornada: FABRIL FC BENXAMÍN - SCD PASTORIZA, o sábado 3 de outubro ás 12:30 na Torre (campo 1.1)

alevina0930.jpg