
DÉPOR · 28 SETEMBRO 2026
SEGUNDO PARTIDO PARA NSONGO BIL CON CAMERÚN, ESTE MARTES 28 NA REPÚBLICA DEL CONGO
Nsongo Bil está concentrado coa selección absoluta de Camerún para disputar 2 partidos clasificatorios para a Copa de África ante Comoras e República del Congo; e un amigable fronte a Costa de Marfil.O segundo deles será este martes 29 de setembro ás 20:00 (hora local, 21:00 en Galicia) en Brazzaville ante a República del Congo, que no seu primeiro encontro caeu ante Namibia.Os Leóns Indomables lideran o grupo G de clasificación para a Copa de África con 3 puntos.Camerún xogou o seu primeiro encontro nesta xanela de seleccións o pasado xoves 24 de setembro no Estadio Roumdé Adjia de Garoua fronte a Comoras.Os cameruneses venceron por 3-1 no debut co seu país do dianteiro deportivista, quen tras o descanso substituíu a Kofane na punta de ataque.O calendario de Nsongo Bil con Camerún, cos resultados dos partidos xa disputados, é o seguinte:Xoves 24 de setembroCAMERÚN 3 - COMORAS 1Martes 29 de setembro20:00 (hora local, 21:00 en Galicia): REPÚBLICA DEL CONGO - CAMERÚN, en BrazzavilleSábado 3 de outubro21:00 (hora local, 23:00 hora galega): COSTA DE MARFIL - CAMERÚN, en Abiyan

As Nosas retoman os adestramentos tras a xesta ante o Barça e...

David Mella disputa a segunda metade do Albania-España sub-21...

O Dépor arrinca a semana de traballo previa á visita ao Depor...

O Dépor Genuine arranca unha edición máis de LaLiga Genuine M...

A RC Deportivo Fundación participa en Brescia nunha reunión d...

A Xunta Xeral Ordinaria do Real Club Deportivo da Coruña SAD ...