RCDeportivo Logo
https://www.instagram.com/rcdeportivo/https://www.tiktok.com/@rcdeportivohttps://x.com/RCDeportivohttps://www.facebook.com/RCDeportivo/https://www.youtube.com/@rcdeportivo
SOTELO renova o seu compromiso co RC Deportivo e reforza o seu apoio ao Dépor ABANCA

DÉPOR · 29 SETEMBRO 2026

SOTELO RENOVA O SEU COMPROMISO CO RC DEPORTIVO E REFORZA O SEU APOIO AO DÉPOR ABANCA

O RC Deportivo e SOTELO alcanzaron un acordo para renovar a súa alianza unha temporada máis, reafirmando así o compromiso da consultora tecnolóxica co Club e co fútbol feminino.Deste xeito SOTELO, consultora de enxeñaría de software e intelixencia artificial, continúa apostando polo RC Deportivo e o Dépor ABANCA, ampliando ademais a súa visibilidade coa incorporación da súa marca á camiseta do primeiro equipo feminino durante a temporada 2026-27.Ademais da súa presenza na camiseta do Dépor ABANCA, SOTELO seguirá dando nome ao Dépor Live, consolidando así unha presenza de marca transversal.A renovación de SOTELO supón seguir fortalecendo un proxecto compartido con empresas que apostan polo crecemento do Club e polo impulso do fútbol feminino.