
DÉPOR ABANCA · 28 AGOSTO 2026
UN DÉPOR ABANCA «DESEXANDO QUE ARRANQUE A LIGA» ESTRÉASE ESTE SÁBADO 29 ÁS 12:00 EN ABANCA-RIAZOR ANTE O SEVILLA FC
O Dépor ABANCA estrea a súa terceira temporada consecutiva na Liga F coa visita do Sevilla FC a ABANCA-RIAZOR este sábado 29 de agosto ás 12:00 (Dazn, Teledeporte e RTVE Play).As Nosas chegan á competición oficial tras un intenso verán de movementos no cadro de xogadoras.En primeiro lugar, o equipo selou a continuidade de Espe Pizarro, Paula Novo, Merle Barth, Redru e Lucía Rivas.Alberto Rodríguez, que se estrea no banco, conta ademais coas novas fichaxes de Andrea Tarazona, Adriana Ranera, Sofía Domínguez, Lucía Pardo, Vega Montesinos, Eva Alonso, Daniela Caracas e Ainoa Gómez; ademais de Inês Pereira e Marisa García, ambas xa en propiedade despois de concluíren as súas respectivas cesións.A elas hai que sumar incorporacións con licenza do B que tamén achegarán o seu gran de area, como é o caso de Paula Hernández, Carla Castyñeiras ou Karla Bermejo.O Dépor ABANCA pechou a pretemporada con vitorias ante o Sporting de Gijón (9-0), de Segunda Federación, e o FC Porto (2-0) e o Río Ave FC (1-2), da Primera División de Portugal; un empate ante o Athletic Club (0-0); e unha derrota ante o Real Madrid CF (2-1).O técnico deportivista asegura estar "moi contento a nivel colectivo e individual. Fomos progresando nos aspectos que tiñamos pensado implantar ao longo da pretemporada. Iso quedou referendado nos partidos. Estamos contentos e desexando que arranque a liga".Perde o partido Merle Barth, que "arrastraba uns problemas da temporada pasada. Está na última fase da recuperación, a piques de incorporarse ao grupo. É unha xogadora importante para o equipo e estamos desexando que chegue".Tampouco poderán xogar Marisa García e Ainoa Gómez, concentradas coa selección española sub-20: "Calquera ausencia sempre trastoca. É algo que non depende de nós nin delas mesmas. Agora que vivan a experiencia, que traten de gañar o Mundial, e nós centrámonos nas xogadoras que temos, aínda que desexando que cheguen e se incorporen de novo".

Pola súa banda, o Sevilla FC acabou a temporada pasada na 8ª posición con 41 puntos.A exdeportivista Esther Sullastres, agora capitá do conxunto andaluz, quere esta temporada «ser máis intensas, gañar moitos máis duelos. A liga igualouse moito, todos os equipos estamos moito máis igualados, pero marcará a diferenza quen dea ese pasiño adiante».Este verán, o Sevilla FC gañou ao Málaga CF Femenino de Segunda Federación (6-0) e ao Real Madrid CF (2-4); empatou co Granada CF (1-1) e co Sporting CP Femenino (0-0), da máxima categoría de Portugal; e caeu ante o UD Costa Adeje Tenerife (1-0) e o London City Lioness (0-2), da Primera División de Inglaterra.Pola súa banda, David Losada, técnico hispalense, pensa que o Dépor ABANCA «fichou moi ben. É certo que é un equipo novo, pero con xogadoras que proceden de primeiros equipos. É un equipo moi competitivo. Xa o ano pasado, malia o 0-4, custounos moitísimo. Foi un deses partidos nos que tes esa efectividade, pero non foi tan contundente como reflectiu o resultado. Puxéronnolo moi difícil».Advirte de que «imos atopar un cadro de xogadoras moi agresivo, que o fai moi ben, e o seu adestrador coñéceas. É un dos asistentes que estivo con Fran Alonso, que coñece o grupo, coñece a casa e coñece a liga. E iso vai engadir dificultade».Unha vez rematado o encontro, As Nosas adestraranse o domingo 30 de agosto ás 11:00 no Dépor Training Center.

Sofía Domínguez enfróntase con Argentina este sábado 10 de ou...

Daniela Caracas, ante Michi Apóstol nun amigable de Colombia ...

Michi Apóstol mídese este sábado 10 de outubro con Venezuela ...

Inês Pereira foi titular este venres 9 ante Irlanda do Norte ...

"Temos que medrar para seguir competindo ben nesta categoría"...

Antonio Hidalgo, respecto ás baixas, advirte que «tamén hai x...




