RCDeportivo Logo
https://www.instagram.com/rcdeportivo/https://www.tiktok.com/@rcdeportivohttps://x.com/RCDeportivohttps://www.facebook.com/RCDeportivo/https://www.youtube.com/@rcdeportivo
Un equipo 'Champions', o Villarreal CF, crúzase este sábado 5 nun camiño do Dépor "duro e longo porque a esixencia vai ser máxima"

DÉPOR · 4 SETEMBRO 2026

UN EQUIPO 'CHAMPIONS', O VILLARREAL CF, CRÚZASE ESTE SÁBADO 5 NUN CAMIÑO DO DÉPOR "DURO E LONGO PORQUE A ESIXENCIA VAI SER MÁXIMA"

Un equipo que xoga esta temporada a 'Champions League', o Villarreal CF, crúzase este sábado 5 de setembro ás 21:00 no camiño do Dépor.O choque, que se disputa no Estadio de La Cerámica, será retransmitido en Movistar LaLiga.Antonio Hidalgo, na sala de prensa do Dépor Training Center, presume de contar con "talento, desequilibrio, xogo por dentro... Todo iso hai que poñelo en conxunto e ver que día nos interesa unha cousa e que día outra. Se somos capaces de facer iso, somos máis imprevisibles".Insiste en que "isto vai de competir, isto vai de gañar. Vai ser un ano duro e longo porque a esixencia vai ser máxima".Os Nosos chegan ao choque con 5 puntos, situados na 8ª posición de LaLiga EA Sports e "con todos dispoñibles", tal e como apuntou o técnico deportivista.A única ausencia é a de Altimira, sancionado cun partido polo dobre cartón amarelo que viu no tempo engadido do encontro da pasada fin de semana ante o Valencia CF.Ademais, as últimas horas do peche de mercado saldáronse para o Dépor coas cesións de Giménez e de Marc Casadó por parte do Atlético de Madrid e do FC Barcelona, respectivamente.O preparador branquiazul explica que "hai que ver as situacións de cada un individualmente, como fixeron as pretemporadas. Non é o mesmo ter estado nun Club participando que pola túa conta. Iso é o que temos que ver. Imos ter certas limitacións con algúns deles".De feito, engade que ambos "están preparados para entrar na convocatoria. Josema vén de facer a pretemporada. Participou na liga e Marc vén dunha situación diferente, pero vinos adestrar ben. Están preparados para poder axudarnos".

Os Nosos realizaron este venres 4 a última sesión de adestramento no Dépor Training Center, consistente nunha activación con roldo, un ensaio de accións a balón parado, unha tarefa de finalizacións e fútbol reducido para concluír.

casado0904.jpg

Pola súa banda, o Villarreal CF vén de caer 1-0 en Mendizorroza ante o Deportivo Alavés.O 'submarino amarillo' é 15º na táboa con 2 puntos despois dos seus 3 primeiros encontros lonxe do Estadio de La Cerámica.O seu técnico, Íñigo Pérez, asegura que lle gusta "moito o que vin do Deportivo. É un equipo ao que seguía en Segunda División. Coñezo o adestrador e a súa forma de entender o xogo".Cre que "fixo un mercado importante. Están apostando por xogadores contrastados xunto con outros que chegan coa ilusión de comezar nunha nova categoría, e ese impulso é incomparable".Así pois, vaticina "un partido complexo, moi difícil" e pide "mañá amosarnos o suficientemente maduros como para saber que non conseguimos a vitoria, que queremos conseguila, pero que non se nos note en exceso esa ansiedade por gañar".Haberá festa para a afección con Fan Zone e actuacións musicais desde as 19:00 horas, nunha semana na que o Villarreal CF anunciou máis de 19.000 abonados.O choque ante o Dépor disputarase xusto antes do debut na Champions League do vindeiro martes 8 ante o Borussia Dortmund en Alemaña.Finalizado o partido, Os Nosos pasarán a noite en Castellón antes de viaxar o domingo 6 de setembro a primeira hora da mañá nun voo directo ao Aeroporto de A Coruña.Antonio Hidalgo fixou o próximo adestramento para o martes 8 ás 17:00 no Dépor Training Center.

  • quagliata0409.jpg
  • german0409.jpg
  • gimenez0409.jpg
  • arnau0409.jpg
  • eddahchouri0904.jpg