
DÉPOR FABRIL · 16 MARZO 2025
UN FABRIL PRAGMÁTICO SUMA 3 PUNTOS EN GUIJUELO CON OUTRO GOL DECISIVO DE ALFARO NO PRIMEIRO DO TRES PARTIDOS DO FILIAL EN 7 DÍAS
O Fabril arrincou con vitoria (0-1) ante o CD Guijuelo no Estadio Municipal Luis Ramos outra semana con 3 partidos de competición posto que o vindeiro domingo 23 de marzo ás 12:00 (YouTube RC Deportivo) recibe en Abegondo ao Real Avilés Industrial; e antes, o mércores 19 ás 20:30, visita á SD Compostela no Estadio Vero Boquete de San Lázaro en partido correspondente á 20ª xornada aprazada o pasado mes de xaneiro polo temporal.Os branquiazuis foron sobre todo prácticos nun campo no que o primeiro equipo non logrou gañar nin en liga no seu paso por Primera Federación nin en Copa del Rey.Con este resultado, o filial suma 40 puntos situado na 5ª posición da táboa.Foron baixa para o partido os lesionados Noé e Pablo García; ademais dos sancionados Marotías e Jaime Garrido.O xuvenil Samu relevou a Marotías no centro da zaga mentres que Kike Fernández foi a parella de Alfaro, outra vez decisivo, no mediocentro.O equilibrio foi a nota dominante nos primeiros minutos aínda que o Fabril si puxo en perigo a meta de Guzmán.Aos 9 minutos, un disparo de Íker Vidal obriga a intervir á meta salmantino.Manu Ferreiro e Kevin levaron os mandos en ataque aínda que os minutos transcorrían sen apenas ocasións de gol nas dúas porterías.O Fabril adiantouse nos instantes finais da primeira metade. Do mesmo xeito que en Escobedo de Camargo hai 15 días, Alfaro foi decisivo de novo.O centrocampista branquiazul centra desde a esquerda, Mane non remata ben e o balón chégalle de novo a Alfaro, que, de socato, lograba o gol do triunfo.Ao descanso chegouse con vantaxe branquiazul.Após o paso polos vestiarios, Fran López tivo a primeira para os locais. Disparou desde a frontal ás mans de Hugo Ríos, ben situado baixo paus.Respondeu Bil cun remate desde a frontal da área sen consecuencias para o marcador.Manuel Pablo refresca ao equipo coa entrada de Guerrero e Fabi por Mane e Bil.Os nervios comezaban a pasar factura aos locais, atenazados pola súa perigosa clasificación. Javi Hernández evita baixo paus o segundo tanto fabrilista que sería a sentenza.O Fabril acumula ocasións de gol, como unha de Fabi e varias de Kevin Sánchez antes de ser sustituído por Darío Germil.Os locais puxeron a proba a Hugo Ríos no minuto 85. Hugo Morales recibe en banda dereita, métese cara a dentro e o seu chute despéxao Hugo Ríos.Sen máis sobresaltos chegouse ao final do partido con 3 puntos máis para o equipo que dirixe Manuel Pablo.CD Guijuelo: J. Guzmán, Montes (Boigues, min. 74), Expo JR, Morales, Sillero (Yenerey, min. 74), Cristóbal, Carmona, Javi H., Fran López (Antón, min. 57), Kike López (Pana, min. 57) e CoqueFabril: Hugo Ríos, Mardones, Samu (Álex Pereira, min. 72), Damián Canedo, Íker Vidal, Kike Fernández, Alfaro, Mane (Fabi, min. 65), Manu Ferreiro (Luisao, min. 78), Kevin Sánchez (Darío Germil, min. 78) e Bil (Guerrero, min. 65)Árbitro: Asier Villanueva Amorrortu, do comité vasco. Amoestou a Montes (min. 35), Kike López (45+1), Coque (min. 60), Fabi (min. 70), Hugo Ríos (min. 75), Manu Ferreiro (min. 78), Kike Fernández (min. 83) e Antón (min. 89)Gol: 0-1 Alfaro (min. 41)Incidencias: partido correspondente á 27ª xornada no grupo 1º de Segunda Federación disputado no Estadio Municipal Luis Ramos

Primeiro amigable de pretemporada para o Dépor ABANCA, esta s...

Nova semana de pretemporada para Os Nosos con dous partidos, ...

Teun Gijselhart afirma que "Aubameyang é un exemplo para todo...

Vilalba, próxima parada do Dépor este verán

Sen goles no Carlos Tartiere de Oviedo no segundo amigable do...

O Dépor ABANCA B xa está en marcha