
DÉPOR · 14 SETEMBRO 2026
XIMO NAVARRO: "NON MIRAMOS MOITO A CLASIFICACIÓN. É MOI CEDO. IMOS PARTIDO A PARTIDO"
Ximo Navarro foi o protagonista na zona mixta do Coliseum de Getafe.Admite o "bo comezo" en LaLiga EA Sports, "sabendo o difícil que é esta categoría. Tivemos dous partidos seguidos fóra de ABANCA-RIAZOR contra dous bos equipos e estamos contentos por non perder. Gustaríanos sumar de 3", engade.O defensor deportivista lembra que "cando te pos por detrás no marcador a falta de 25 minutos, media hora, complícase un pouco porque o Getafe CF defende moi ben, xúntase ben atrás, xoga moi directo cos 3 de arriba, que son moi fortes, e complícanche moito a vida en defensa. Seguimos insistindo, conseguimos ese gol de Auba e por momentos na segunda parte viamos que estabamos preto de poñernos por diante e de poder levar os 3 puntos".Queda coa capacidade de reacción do equipo: "Témola, demostrámola en Villarreal e volvémola demostrar aquí, sabendo que se se adiantaban ía ser moi complicado. Seguimos insistindo, pelexamos até o final. É o que nos toca. Acabamos de chegar á Primera División e iso témolo que facer sempre".Ximo Navarro apunta que "cando empatas, vés arriba, sénteste cómodo. Eles van perdendo un pouco de fol, conseguiamos saír con máis comodidade co balón e encadear pases coa xente de arriba, sabendo que son perigosos. Tiveron a opción do longueiro. Ao final, un partido moi competido e un punto para cada equipo".Finalmente, lembra que "non perder é un bo comezo. Non miramos moito a clasificación. É moi cedo. Imos partido a partido".

Antonio Hidalgo insiste en que "sumar é importantísimo"

Os Nosos adéstranse este luns 14 no Dépor Training Center nad...

Marisa García e Ainoa Gómez participaron na vitoria fronte á ...

Resultados de ANOSACANTEIRA feminina; este domingo con derrot...

Resultados en ANOSACANTEIRA, este domingo 13 con vitorias do ...

O Fabril dobrega en ABANCA-RIAZOR á SD Ponferradina, «un dos ...