
CANTERA · 22 FEBREIRO 2025
RESULTADOS HOXE SÁBADO EN ANOSACANTEIRA FEMININA E CALENDARIO PARA MAÑÁ DOMINGO, CON DESCANSO PARA O DÉPOR ABANCA B
Fin de semana de descanso para o Dépor ABANCA B ao ter como rival nesta xornada ao CD Romanón, equipo retirado da competición no grupo 1º de Tercera Federación.Non para Dunia Dahmouni, que participa nun torneo en Turquía coa selección de Marrocos sub-20.Hoxe sábado 22 de febreiro unicamente xogaron o Orzán SD Cadete ante o SCD Pastoriza (0-11) e o Orzán SD Infantil B, que caeu en Eirís (0-5) fronte ao líder do grupo 1º da Liga Galega, o Victoria CF.Mañá domingo 23 xógase o resto da xornada na Torre.O Orzán SD Sub-21, líder da Primera Autonómica empatado a puntos co EFM Concello de Boiro, mídese ao Sárdoma CF B ás 18:00; o Orzán SD Xuvenil ao Silva SD ás 12:30 en Segunda Autonómica; e o Orzán SD Infantil A ao CD As Pontes ás 12:15 na Liga Galega infantil.O calendario de partidos, cos resultados dos xa xogados, é o seguinte:Primera Autonómica21ª xornada: ORZÁN SD SUB-21 - SÁRDOMA CF B, mañá domingo 23 de febreiro ás 18:00 na Torre (campo 2)Segunda Autonómica21ª xornada: ORZÁN SD XUVENIL - SILVA SD, mañá domingo 23 de febreiro ás 12:30 na Torre (campo 2)Liga Galega cadete17ª xornada: SCD PASTORIZA 0 - ORZÁN SD CADETE 11 (Antía Losada -2-, Marta Moreno, Ángela Cotelo -2-, Martina Vázquez, Naiara Fontenla -2-, Valentina Millón e Carmen Couto -2-)Liga Galega infantil17ª xornada: ORZÁN SD INFANTIL A - CD AS PONTES, mañá domingo 23 de febreiro ás 12:15 na Torre (campo 1)17ª xornada: ORZAN SD INFANTIL B 0 - VICTORIA CF 5

O equipo Genuine da RC Deportivo Fundación comparte unha xorn...

O RC Deportivo Business Club pon o broche final á temporada c...

O Alevín A e o Benxamín A comezan este martes 16 de xuño a sú...

A RC Deportivo Fundación levou a cabo en Cambre unha nova act...

Últimas horas para apuntarse aos DéporCampus Cabreiroá de Lug...

Brillante fin de semana de torneos para ANOSACANTEIRA; con me...