DEF
JOSÉ MARÍA
GIMÉNEZ
31
Años
1,86
Altura
URY
Nac.
José María Giménez (Toledo, Uruguay, 20 de xaneiro de 1995) é un defensa central cedido polo Atlético de Madrid ata xuño de 2027.
Internacional absoluto con Uruguay, José María Giménez suma 99 partidos coa selección 'Celeste', coa que desenvolveu boa parte da súa traxectoria internacional e se consolidou como un dos defensas de referencia do fútbol uruguaio.
O novo futbolista deportivista conta ademais cunha ampla experiencia no fútbol profesional. Ao longo da súa carreira disputou 270 partidos en LaLiga EA Sports, todos eles co conxunto colchonero, nos que marcou 6 goles e repartiu 9 asistencias.
A nivel continental, Giménez acumula 69 encontros na UEFA Champions League, con 5 goles e 2 asistencias, ademais de 7 partidos na UEFA Europa League. Na Copa del Rey participou en 33 encontros, con 3 goles e 2 asistencias.
O seu palmarés inclúe 2 campionatos de Liga, 1 UEFA Europa League, 1 Supercopa de España e 1 Supercopa de Europa, ademais dunha ampla experiencia nas principais competicións do fútbol europeo.