
FUNDACIÓN · 7 XANEIRO 2026
A RC DEPORTIVO FUNDACIÓN ACTIVA A BANCADA SOLIDARIA DE ABANCA-RIAZOR PARA O DÉPOR ABANCA - UD COSTA ADEJE TENERIFE DO DOMINGO 11 DE XANEIRO ÁS 12:00
A RC Deportivo Fundación, de cara ao encontro do Deportivo ABANCA deste domingo 11 de xaneiro ás 12:00 ante o UD Costa Adeje Tenerife activa a Bancada Solidaria de ABANCA-RIAZOR, unha iniciativa na que cada partido destina unha ampla cota de entradas a ONGs, institucións ou entidades benéficas que traballan pola integración social, educación, infancia, saúde e solidariedade na nosa comunidade.Atendendo á política de transparencia e Responsabilidade Social Corporativa (RSC) do RC Deportivo e da súa Fundación, sempre se publican as entidades que fan uso da bancada solidaria.Para solicitar entradas, limitadas a 10 por asociación, o formulario está dispoñible nesta ligazón.A data límite para poder solicitalas serán as 10:00 h. deste venres 9 de xaneiro.

O adestramento do Dépor previsto para este martes 17 de novem...

David Mella mídese en Tirana a Albania coa selección española...

Lucas Noubi xogou de titular o amigable ante a Italia sub-21 ...

Lorenzo Amatucci participa no empate de Italia ante a Bélxica...

Nsongo Bil venceu con Camerún a Namibia este luns 16 de novem...

José María Giménez, con Uruguai, recibe en Maldonado á Repúbl...