
CANTERA · 15 XANEIRO 2026
ANTÍA VEIGA E CLAUDIA SANDE POÑEN FIN A UNHA SEMANA DE TRABALLO EN LAS ROZAS CUN AMIGABLE ENTRE A SELECCIÓN ESPAÑOLA SUB-17 E SUB-16
-Foto:@rfef.esAntía Veiga e Claudia Sande participaron esta semana nuns adestramentos na Ciudad del Fútbol de Las Rozas (Madrid) coa selección española sub-17 e sub-16 respectivamente.Ambas as xogadoras, coas súas respetivos equipos, enfrontáronse nun amigable de preparación co que se puxo o punto e final a estas xornadas de traballo.O pasado mes de novembro, a gardameta do Dépor ABANCA B foi titular coa sub-17 no tres partidos da Rolda 1 do Campionato de Europa da categoría en Portugal; con Bulgaria, Hungría e Portugal como rivais.En outubro, foi convocada para o Mundial de Marrocos, no que España caeu nos oitavos de final derrotada por Francia na quenda de penaltis.Con contrato en vigor até 2028, Antía Veiga leva até a data 8 partidos disputados de titular co Dépor ABANCA B en Segunda Federación.Claudia Sande estreouse co filial ante o Atlético de Madrid CPola súa banda, Claudia Sande repite convocatoria coa selección española sub-16 posto que xa foi convocada por este combinado nacional o pasado mes de setembro de 2025.A temporada pasada, Claudia Sande entrou en varias listas da selección española sub-15, incluíndo a súa participación en amigables ante Inglaterra ou un Torneo Desarrollo UEFA en Portugal.A atacante deportivista milita no Orzán SD Sub-21 de Tercera Federación, equipo co que suma 10 partidos xogados, todos eles de titular, e 4 goles.A pasada fin de semana, a futbolista coruñesa debutou en Segunda Federación co Deportivo ABANCA B no seu partido en Alcalá de Henares ante o Atlético de Madrid C. Substituíu no minuto 83 a Laura Ruiz.

Calendario en ANOSACANTEIRA feminina, co líder Dépor ABANCA B...

Manuel Pablo: "Somos os novos, xente nova. Estamos aprendendo...

Antonio Hidalgo advirte da "dificultade que ten Mendizorroza ...

Un Dépor ABANCA coas "cousas positivas, que foron moitas" do ...

Un Dépor cos seus 5 internacionais visita este sábado 21 de n...

Alberto Rodríguez constata que "a Liga F cada vez está máis i...