
DÉPOR ABANCA · 15 OUTUBRO 2025
BÁRBARA LATORRE CRE QUE O IMPORTANTE É "TRABALLAR, SEGUIR MELLORANDO DÍA A DÍA, ESTAR XUNTAS, DAR PASIÑOS CARA A ADIANTE, SEGUIR CRECENDO"
Barbara Latorre asegurou este mediodía na sala de prensa do Dépor Training Center que no vestiario do Dépor ABANCA "estamos o máis unidas posible para poder sacar isto adiante".A atacante deportivista, autora dunha gran asistencia a Ainhoa Marín e dun gol anulado ante o DUX Logroño, admite que "a dinámica non é fácil. O equipo está a tentalo. Estamos a traballar para que no seguinte partido estea a vitoria máis preto. Seguimos traballando o máis xuntiñas posible para que os erros non nos penalicen tanto".Opina que enfrontarse a equipos de arriba como o é o Atlético de Madrid este domingo 19 de outubro ás 12:00 (Dazn) en ABANCA-RIAZOR "é unha motivación extra. Temos que saír extra motivadas para poder sacar algo positivo, ter boas sensacións e que o equipo dea un paso adiante".Do Atlético, Bárbara Latorre advirte que "está en moi boa dinámica. Empezaron moi ben esta temporada. Hai que ser conscientes da calidade que teñen e a partir de aí utilizar as nosas armas".Finalmente, apunta que "está claro que nos están faltando moitas cousas. Pero o máis importante é traballar, seguir mellorando día a día, estar xuntas, dar pasiños cara a adiante, seguir crecendo e o traballo é o que nos vai a achegar máis á vitoria".

O Dépor, "cunha afección incrible, entregada, cun ambiente br...

Resultados deste sábado 16 de maio en ANOSACANTEIRA feminina,...

Resultados deste sábado 16 en ANOSACANTEIRA, con título galeg...

ABANCA-RIAZOR homenaxea este domingo 17 a Cris Martínez, que ...

O Dépor recibe este domingo 17 de maio ás 14:00 en ABANCA-RIA...

O Dépor ABANCA goza dun fin de semana de descanso antes da re...