
CANTERA · 14 OUTUBRO 2026
CALENDARIO EN ANOSACANTEIRA FEMININA, SEN LIGA PARA O LÍDER DA SEGUNDA FEDERACIÓN, O DÉPOR ABANCA B
En ANOSACANTEIRA feminina ten descanso ligueiro esta fin de semana o Dépor ABANCA B, líder da Segunda Federación.As Nosas gozan deste parón tras o 0-5 no derbi con As Nosas e con Antía Veiga concentrada coa selección española sub-17 no Mundial de Marrocos.En canto ao resto de categorías, dispútanse 2 partidos o sábado 17.O Orzán SD Cadete visita o Racing de Ferrol (16:00 na Gándara 1), mentres que o Orzán SD Infantil B recibe a UD Cerqueda (12:30 en San Pedro de Visma) no seu primeiro partido na Liga Galega, posto que na 1ª xornada descansou.O domingo 18 xogan o resto dos equipos.Ás 12:00, na Tercera Federación, mídense en Santa Isabel o Victoria FC e o Orzán SD Sub-21. Ambos os conxuntos marchan empatados na zona media da táboa con 10 puntos.No campo muxián de Arliña, ás 17:00, enfróntanse os dous primeiros clasificados da Primera Autonómica: o Muxía CF (11 puntos) e o Orzan SD Xuvenil (12 puntos).E pecha a xornada dominical o encontro do Orzán SD Infantil A en Oleiros ante o AD Cristo Rey (18:00), correspondente á 2ª xornada no grupo A da Liga Galega.O calendario de partidos é o seguinte:Segunda FederaciónClasificación: 1. Deportivo ABANCA B, 15 puntos; 2. Real Oviedo, 14 puntos; 3. SD Eibar B, 12 puntos...Tercera Federación6ª xornada: VICTORIA FC - ORZÁN SD SUB-21, o domingo 18 de outubro ás 12:00 en Santa IsabelClasificación: ... 3. Atlético Villalonga FF e As Celtas B, 12 puntos; 5. Victoria FC e Orzán SD Sub-21, 10 puntos; 7. Victoria CF B, 8 puntos...Primera Autonómica6ª xornada: MUXÍA CF - ORZÁN SD XUVENIL, o domingo 18 de outubro ás 17:00 no Municipal de Arliña (Muxía)Clasificación: 1. Orzán SD Xuvenil, 12 puntos; 2. Muxía CF, 11 puntos; 3. Victoria FC B, 10 puntos...Liga Galega cadete2ª xornada: RACING DE FERROL - ORZÁN SD CADETE, o sábado 17 de outubro ás 16:00 na Gándara 1 (Ferrol)Liga Galega infantilGrupo A, 2ª xornada: AD CRISTO REY - ORZÁN SD INFANTIL A, o domingo 18 de outubro ás 18:00 no campo Eugenio Pardo Conchado (Oleiros)Grupo B, 2ª xornada: ORZÁN SD INFANTIL B - UD CERQUEDA, o sábado 17 de outubro ás 12:30 en San Pedro de Visma (campo 1)

David Mella fala dun inicio de liga do Dépor "incrible" e ves...

Alta carga táctica co obxectivo ante o Levante UD de «levar o...

Accidentado empate de Sofía Domínguez con Arxentina ante Bras...

Daniela Caracas estivo os 90 minutos sobre o céspede no segun...

Michi Apóstol xogou a segunda metade do último amigable de Ve...

Inês Pereira non tivo minutos no novo triunfo de Portugal ant...