
CANTERA · 24 MARZO 2025
CLAUDIA SANDE XA ESTÁ CONCENTRADA COA SELECCIÓN ESPAÑOLA SUB-15
-Foto:@rfef.esClaudia Sande (na foto na fila de abaixo a terceira xogadora comezando pola dereita), futbolista de categoría cadete que xa compite co Orzán SD Sub-21 de Primera Autonómica, incorporouse hoxe luns á concentración da selección española sub-15 para disputar un amigable ante Inglaterra este mércores 26 de marzo ás 10.00 (hora local) en Eton College - Common Ln, Windsor (Reino Unido).A dianteira orzanista regresará á Coruña após o partido.Claudia Sande acaba de participar o pasado mes de febreiro con esta selección española sub-15 nuns adestramentos na Ciudad del Fútbol en Las Rozas (Madrid).A canteirá branquiazul leva na Primera Autonómica 21 partidos xogados, 18 deles de titular, cun total de 8 goles marcados.

Calendario en ANOSACANTEIRA feminina, co líder Dépor ABANCA B...

Manuel Pablo: "Somos os novos, xente nova. Estamos aprendendo...

Antonio Hidalgo advirte da "dificultade que ten Mendizorroza ...

Un Dépor ABANCA coas "cousas positivas, que foron moitas" do ...

Un Dépor cos seus 5 internacionais visita este sábado 21 de n...

Alberto Rodríguez constata que "a Liga F cada vez está máis i...