RCDeportivo Logo
https://www.instagram.com/rcdeportivo/https://www.tiktok.com/@rcdeportivohttps://x.com/RCDeportivohttps://www.facebook.com/RCDeportivo/https://www.youtube.com/@rcdeportivo
O cuarto amigable de pretemporada leva o Dépor ata Hamburgo este sábado 1 de agosto, no inicio dunha semana de concentración entre Alemaña e Italia

DÉPOR · 31 XULLO 2026

O CUARTO AMIGABLE DE PRETEMPORADA LEVA O DÉPOR ATA HAMBURGO ESTE SÁBADO 1 DE AGOSTO, NO INICIO DUNHA SEMANA DE CONCENTRACIÓN ENTRE ALEMAÑA E ITALIA

O Dépor visita este sábado 1 de agosto ás 18:30 ao FC St. Pauli, recentemente descendido da Bundesliga á Segunda División, no Millerntor Stadion de Hamburgo.Será o cuarto partido amigable desta pretempada, retransmitido en directo pola canle de YouTube do RC Deportivo.Os Nosos chegan ao choque despois de vencer por 1-0 ao CD Lugo o pasado mércores 29 de xullo no Trofeo Concello de Vilalba con gol de Aubameyang.O conxunto branquiazul viaxa este mesmo sábado nun voo chárter directo a Hamburgo que despega do Aeroporto de A Coruña ás 9:30.Desde a cidade alemá, o Dépor desprazarase a Italia para disputar os partidos ante a ACF Fiorentina (6 de agosto) e Genoa CFC (8 de agosto) antes de regresar a A Coruña.

brightede0731.jpg

Antonio Hidalgo dirixiu este venres 31 de xullo no Dépor Training Center a última sesión de adestramento.Yeremay, Mella e Loureiro, xunto con Bright Ede e Noé, comezaron o seu regreso progresivo aos adestramentos e realizaron as primeiras tarefas do día.O técnico deportivista apuntou na sala de prensa que David "está indo pouco a pouco co grupo. Estivo moitos meses fóra e ten que ir sentindo como se vai atopando. Nesa progresión irá entrando paulatinamente. Non sabemos exactamente porque a lesión de David foi de longa duración e imos ir vendo como vai evolucionando co paso das semanas, como tolera as cargas".Sobre Loureiro, indicou que "vai ter minutos de carga na xira pero a idea é que poida estar para o principio de liga".En canto a Yeremay, o preparador branquiazul subliñou que "segue sendo a nosa referencia. É un futbolista importantísimo para nós. Deunos moitísimo o ano pasado. Está nun proceso de crecemento e de evolución tanto persoal como deportiva. Estamos aquí para axudalo en todo iso. Sufriu unha lesión que eu tamén padecín e non é doado de tolerar. Está nese proceso. Os tempos son que poida estar dispoñible para o principio de liga. Imos ver cando".Advirte que "nestas semanas preferimos que vaia collendo minutos de adestramento e é moi probable que non participe nos partidos".

german0731.jpg

Así mesmo, tamén se adestraron no ximnasio Altimira, Jensen e Bouldini.O corpo técnico dispuxo, tras unha activación con rondos, unha tarefa táctica, un partido ademais dun repaso ás accións a balón parado.Antonio Hidalgo conclúe que para estes amigables que veñen lonxe de A Coruña "temos poucos efectivos sobre todo na parte de arriba: mediapunta, xente por fóra, con desborde... Iso estanos a faltar no día a día e nos partidos. Hai que normalizar iso sabendo que o importante vai chegar nun par de semanas".Iso si, matiza que "a idea é que vaian collendo minutos de adestramento. Están ben. Cremos que Bright si que vai ter minutos pero co resto non queremos correr riscos. O importante vai vir en 2 semanas. Temos que chegar co bloque a ese momento. Canto máis efectivos, moito mellor".Pola súa banda, para o FC St. Pauli o do Dépor será o seu sexto partido de pretemporada. Así pois, o conxunto alemán chega con máis rodaxe porque ademais a competición ligueira arrinca o 9 de agosto, unha semana antes que Os Nosos.Ata a data, os alemáns gañaron ao Altona 93 de 5ª categoría (2-6), ao BSV Kickers Emden (4ª categoría) (1-3), SV Babelsberg 03 (4ª categoría) (1-4) e HNK Gorica (Primeira División de Croacia) (2-1).O seu último encontro, o pasado 24 de xullo ante o AFC Bournemouth inglés, rematou en derrota: 4-1.Finalizado o encontro, Os Nosos pernoctarán en Hamburgo e partirán de viaxe o domingo 2 de agosto a Italia.

  • antoniohidalgo0731.jpg
  • porteros0731.jpg
  • eddahchouri0731.jpg
  • loureiro0731.jpg
  • yeremay0731.jpg
  • leoroman0731.jpg