
DÉPOR · 7 AGOSTO 2026
O DÉPOR PECHA A XIRA POR ALEMAÑA E ITALIA CO CHOQUE DESTE SÁBADO 8 DE AGOSTO ÁS 20:45 FRONTE AO GENOA ACF
O Dépor conclúe a xira por Alemaña e Italia este sábado 8 de agosto ante o Genoa AFC da Serie A italiana.O encontro, retransmitido en directo polo canle oficial de YouTube do RC Deportivo, arrancará ás 20:45 no Stadio Luigi Ferraris.Antonio Hidalgo dirixiu un último adestramento este venres 7 de xullo ás 10:30 no campo 'Enzo Bearzot' do Centro Técnico da Federación Italiana de Fútbol e, pola tarde, emprenderá viaxe por estrada a Xénova.

A sesión de traballo, nunha nova mañá soleada e calorosa, arrancou cunha activación e un exercicio táctico.A continuación, os titulares onte xoves 6 de agosto no partido ante a ACF Fiorentina, cuxos mellores momentos podes ver ao pé destas liñas, tiveron tarefas de recuperación dirixidas polo preparador físico Sergio Roca.
Os demais membros do cadro continuaron cun circuíto físico antes de pasar a un exercicio prepartido.A xornada concluíu na herba con partidos en espazo reducido, de alta intensidade.Altimira e Asp Jensen adestráronse co readaptador, Nando Rodríguez.

Pola súa banda, o Genoa CFC, décimo sexto a pasada tempada na liga, disputará ante o Dépor o seu 5º partido amigable desta pretempada.Os xenoveses venceron ao AC Trento de Serie C (2-1) e ao Leicester City FC da terceira división inglesa (0-1); empataron coa LR Vicenza da Serie B italiana (2-2); e caeron co AFC Bournemouth de Premier League (10-1).O cadro italiano vén de anunciar esta mesma semana a incorporación do xa ex sevillista Sow.Unha vez rematado o encontro, Os Nosos emprenderán viaxe de regreso a A Coruña nun voo chárter que ten previsto aterrar en Galicia durante a madrugada do domingo 9 de agosto.

Zakaria Eddahchouri, operado con éxito do seu pulso esquerdo ...

Os despachos de billetes do Palacio de los Deportes de Riazor...

Lucas Noubi xogou completo o primeiro partido de Bélxica sub-...

José María Giménez cumpre ante Xapón 100 partidos con Uruguai

Nsongo Bil debutou con Camerún cun triunfo ante Comoras

Os abonados e abonadas xa poden retirar a súa invitación obri...




