
JUVENIL A · 1 XUÑO 2026
ESPAÑA, CON MAURO VALEIRO, MÍDESE EN SEMIFINAIS A ITALIA DESPOIS DE CAER ANTE CROACIA NO PECHE DA FASE DE GRUPOS
Foto:@rfef.es
Mauro Valeiro está concentrado coa selección española sub-17 na fase final do Campionato de Europa da categoría que se xoga en Estonia.O canteirán deportivista (na foto co dorsal 8) enfrontarase a Italia en semifinais o vindeiro 4 de xuño ás 19:00 horas, retransmitido en directo por Teledeporte.Os españois pecharon a primeira fase cunha derrota por 2-3 ante Croacia.Mauro Valeiro foi titular e foi relevado no minuto 68 por Ian Mencía.Con este resultado, o combinado nacional sumou 6 puntos na 2ª praza, os mesmos que Bélxica (1º) e Croacia (3º).O futbolista coruñés participou no triunfo ante Bélxica por 0-1 ao relevar no 90 a Ebrima Tunkara para xogar os últimos minutos e manter a posesión da pelota cun marcador axustado.Mauro Valeiro arrancou o campionato no once inicial e cunha goleada por 1-4 á anfitrioa Estonia.O calendario de partidos, cos resultados dos xa disputados, é o seguinte:Primera FaseLuns 25 de maioESTONIA 1 - ESPAÑA 4Xoves 28 de maioBÉLXICA 0 - ESPAÑA 1Domingo 31 de maioESPAÑA 2 - CROACIA 3SemifinaisXoves 4 de xuño19:00: ESPAÑA - ITALIA, no Estadio LillekülaMauro Valeiro esta campaña proclamouse con este combinado nacional campión do torneo internacional no Algarve (Portugal) ademais de ter disputado a Ronda 2 de clasificación.O centrocampista coruñés, que chegou a ANOSACANTEIRA no primeiro ano de benxamíns na tempada 2017-18, xa sabe o que é ser citado pola selección española sub-15 e sub-16.Esta campaña finalizou a División de Honra no Xuvenil A con 23 partidos xogados, 18 deles como titular, e 2 goles marcados.

Parte médico de Andrea Tarazona

Un Dépor "cos pés no chan pero con moita confianza tamén" vis...

Alberto Rodríguez asegura que "a enerxía do grupo é boa" pero...

Primeiros partidos este venres 11 do Infantil no Torneo de Ar...

As Nosas adestran de novo este sábado 12 de setembro no Dépor...

Un Dépor ABANCA que "o deixou todo no campo" non pode co Real...