
DÉPOR · 30 XULLO 2025
GIACOMO QUAGLIATA REFORZA O LATERAL ESQUERDO DO DÉPOR
Giacomo Quagliata (Palermo, Italia, 19 de febreiro de 2000) reforzará o lateral esquerdo do Deportivo. O defensa asina até xuño de 2028.A campaña pasada (2024-25) disputou un total de 26 partidos na Serie B italiana entre o US Cremonese e o US Catanzaro, con 2 goles e 5 asistencias. Tamén participou en 3 partidos do play off de ascenso e 1 encontro da Copa de Italia.Quagliata desenvolveu boa parte da súa carreira no US Cremonese, co que xogou un total de 72 partidos con 1 gol e 4 asistencias. Deles, 20 foron na máxima categoría italiana na temporada 2022-23.O novo futbolista branquiazul tamén pasou pola Primera División holandesa, concretamente nas filas do Heracles Almelo (temporada 2020-21 e 2021-22). Na máxima categoría holandesa xogou 54 partidos con 1 gol e 5 asistencias.Giacomo Quagliata defendeu en 5 ocasións a camiseta da selección italiana sub-21, con 1 gol anotado.

O RC Deportivo habilita unha opción online para a renovación...

Primeiro día de Jonathan Asp Jensen no Dépor, con dobre sesió...

Teun Gijselhart, na súa presentación, fala do Dépor como "un ...

Os dous primeiros partidos do Dépor en LaLiga EA Sports, ante...

O RC Deportivo presenta a súa segunda equipación para a tempo...

O xuvenil deportivista Nico Balbas xogará con Honduras sub-20...