
FUNDACIÓN · 20 AGOSTO 2026
A RC DEPORTIVO FUNDACIÓN COMPARTE O PROXECTO DÉPORCAMPUS NA EMBAIXADA DE ESPAÑA EN MACEDONIA DEL NORTE
A RC Deportivo Fundación continúa impulsando a expansión internacional dos DéporCampus. Coincidindo coa celebración dunha nova sede en Ohrid, Macedonia del Norte, representantes da Fundación visitaron a Embaixada de España no citado país balcánico.Durante o encontro, Alejandro Espiñeira, coordinador de programas internacionais da RC Deportivo Fundación, foi recibido por Ana Andrés Hernández, Encargada de Negocios e Segunda Xefatura da Embaixada de España, nunha xornada que permitiu compartir o proxecto e a experiencia do RC Deportivo no ámbito da formación e do deporte.A visita tivo lugar tras a celebración do DéporCampus Macedonia, no que participaron case un cento de nenos e nenas, nunha nova experiencia internacional que confirma o crecemento dunha actividade xa consolidada como unha das grandes propostas do verán deportivista en Galicia.O encontro serviu tamén para poñer en valor a capacidade do RC Deportivo e a súa Fundación para levar máis alá das nosas fronteiras unha forma de entender o fútbol baseada na aprendizaxe, na convivencia e nos valores.Desde Galicia até Macedonia del Norte, o balón volve demostrar que non entende de fronteiras. Cada novo DéporCampus é unha oportunidade para achegar o sentimento branquiazul a novos lugares e a novas xeracións.

Sofía Domínguez enfróntase con Argentina este sábado 10 de ou...

Daniela Caracas, ante Michi Apóstol nun amigable de Colombia ...

Michi Apóstol mídese este sábado 10 de outubro con Venezuela ...

Inês Pereira foi titular este venres 9 ante Irlanda do Norte ...

"Temos que medrar para seguir competindo ben nesta categoría"...

Antonio Hidalgo, respecto ás baixas, advirte que «tamén hai x...