
DÉPOR FABRIL · 9 MAIO 2025
MANUEL PABLO: "É UNHA OPORTUNIDADE MOI BONITA XOGAR PRIMEIRO UN PLAY OFF E DESPOIS FACELO EN ABANCA-RIAZOR"
Manuel Pablo destacou esta mañá na sala de prensa de Abegondo que para os seus xogadores "é unha oportunidade moi bonita xogar primeiro un play off e despois facelo en ABANCA-RIAZOR. Sentimos cómodos. É verdade que gañamos os 2 partidos aí (ante a SD Compostela e Pontevedra CF). Isto é outra cousa. Hai un partido de volta".Iso si, cre que o feito de xogar no estadio e non na Cidade Deportiva o partido de ida da primeira eliminatoria do play off de ascenso a Primera Federación, este domingo 11 de maio ás 19:00 (YouTube RC Deportivo) ante o UCAM Murcia CF, esixe aos fabrilistas "esa ambición deportiva que tes que ter para xogar nun estadio de Primeira División, encima con moito apoio de #ANOSAFORZA. Son cousas que lles teñen que ilusionar. Como están a empezar aínda son cousas bonitas que teñen que seguir cultivando".O técnico fabrilsta asegura que o Fabril encara o encontro "coa mesma idea de sempre, de tentar ir a polo partido contra un rival complicado, forte, ao que tamén lle gusta ser protagonista. Vai ser unha pelexa bonita".Destada do UCAM que "aperta moito, constante, con bos xogadores. É un equipo potente que desde o cambio de adestrador é moi ofensivo. Nesa pelexa veremos quen é o máis dominante. Nós, en momentos que eles teñan o balón, non sentirnos incómodos porque é un equipo capaz de dominar coa pelota, con moito ritmo. É un equipo potente que por iso perdeu só 6 partidos".Finalmente, Manuel Pablo pensa que se acode moita xente a ABANCA-RIAZOR "só pódenos beneficiar. Esa enerxía que che vai a dar #ANOSAFORZA témola que usar para deixarnos todo porque a xente o que pide é o esforzo, o tentalo, o querer. A xente non che critica os fallos, critícache o que non o tentes, o que non che esforces. Necesitamos iso. Ímolo a dar todo".

Alberto Rodríguez asegura que «no que nos centramos é na mell...

Manuel Pablo advirte que "temos que subir o nivel nós"

Antonio Hidalgo: "Para nós todos os partidos en Primera Divis...

Un Fabril que non quere obsesionarse cos resultados recibe es...

Esixente exame do Dépor este sábado 24 de outubro ás 21:00 no...

A expedición da RC Deportivo Fundación foi recibida por Ana P...