RCDeportivo Logo
https://www.instagram.com/rcdeportivo/https://www.tiktok.com/@rcdeportivohttps://x.com/RCDeportivohttps://www.facebook.com/RCDeportivo/https://www.youtube.com/@rcdeportivo
Marisa García seguirá medrando no Dépor ABANCA ata 2028

DÉPOR ABANCA · 29 XUÑO 2026

MARISA GARCÍA SEGUIRÁ MEDRANDO NO DÉPOR ABANCA ATA 2028

O Dépor ABANCA continúa dando pasos na construción do seu futuro e faino asegurando a continuidade dunha das futbolistas con maior proxección. María Luisa García Antolín (Madrid, 22 de xuño de 2006), coñecida futbolisticamente como Marisa García, seguirá vinculada ao RC Deportivo ata 2028, con posibilidade de ampliación.A nova dianteira madrileña chegou a ABANCA-RIAZOR a pasada temporada cedida polo Real Madrid CF e non tardou en demostrar a súa calidade, a súa capacidade de traballo e o seu enorme marxe de crecemento. Agora, tras unha campaña na que gañou a confianza do corpo técnico e o cariño de ANOSAFORZA, continuará defendendo a camiseta branquiazul nunha aposta de presente e de futuro.Durante o seu primeiro curso como deportivista, Marisa participou en 26 encontros de Liga F, 12 deles como titular, e contribuíu con 2 goles ao crecemento do equipo na máxima categoría.Máis alá dos números, deixou mostras do seu talento, personalidade e compromiso, cualidades que convenceron o RC Deportivo para seguir apostando por ela.Formada nas categorías inferiores do Real Madrid CF tras os seus inicios no Madrid CFF e no San Agustín, Marisa construíu unha traxectoria marcada pola súa precocidade.Debutou en Liga F sendo aínda moi nova e foi recoñecida como mellor xogadora xuvenil na tempada 2023-24. Nese mesmo curso asinou uns rexistros sobresaíntes co filial madridista, anotando 21 goles en 26 partidos de Segunda Federación.O seu talento tamén a levou a vestir a camiseta da selección española en categorías sub-17; sub-19, coa que foi campioa de Europa; e sub-20, acumulando experiencias internacionais que contribuíron ao seu desenvolvemento como futbolista.Con esta incorporación en propiedade, o Dépor ABANCA reforza o seu proxecto cunha xogadora chamada a ser protagonista nos vindeiros anos.Marisa García seguirá medrando na Coruña, acompañada por unha afección que xa puido gozar do seu talento e que agarda seguir celebrando moitos momentos xunto a ela.