
DÉPOR ABANCA · 30 SETEMBRO 2026
MARISA GARCÍA E AINOA AMOSAN A SÚA MEDALLA DE CAMPIOAS DO MUNDO E O SEU AGRADECEMENTO AO DÉPOR ABANCA PORQUE "ESTIVEMOS ALÍ EN PARTE GRAZAS A ELES"
Marisa García e Ainoa Gómez xa están de regreso no Dépor Training Center.Despois do adestramento co Dépor ABANCA, pousaron orgullosas coa medalla de ouro do Mundial sub-20 no campo Arsenio Iglesias antes de pasaren pola sala de prensa.Ambas as futbolistas amosáronse agradecidas ao Dépor ABANCA porque "estivemos alí en parte grazas a eles".Estas foron algunhas das súas frases:SensaciónsMarisa García (M.G.): "Estamos moi contentas. É un soño cumprido para todas e agora, na Coruña, asentándonos".Ainoa Gómez (A.G.): "Pasaron 3 días e aínda o estamos asimilando. É un soño. Estes partidos vívense moi poucas veces na vida e estamos moi felices de conseguilo".Plus de confianzaM.G.: "Ir coa selección é un premio ao traballo diario aquí co Dépor ABANCA, ao que estamos moi agradecidas porque estivemos alí en parte grazas a eles. Estou moi contenta pola confianza do míster, por deixarnos formar parte desa experiencia".A.G.: "É un privilexio estar aí, poder vivir estas experiencias. E moi agradecida por poder vivir iso".CelebraciónM.G.: "Alí estaban todas as nosas familias e puidemos celebralo despois con toda a nosa xente. Foron días longos. En Madrid tivemos un acto na Federación e logo celebrámolo como merece un Mundial".A.G.: "Puidemos celebralo da mellor maneira e, cando volvemos a Madrid, tamén. Tivemos ese recoñecemento coa familia, cos amigos e foi moi ben".Penalti na finalM.G.: "Tiña bastante claro onde o ía tirar. Pensas bastante e intentas facelo o máis sinxelo posible. Nese camiño ata chegar ao punto de penalti pásanche moitas cousas pola cabeza. Pensaba na miña familia, en marcalo, en estar tranquila. Tiña moita confianza en todas as que iamos tirar e en Laia, a porteira".Desolación no rivalA.G.: "Para elas é un momento moi duro porque perder unha final nos penaltis é moi duro, pero algunhas de nós vivímolo hai 2 anos, en 2024, no Mundial sub-17. Doeu, e moito máis nos penaltis. No partido foi difícil superar esa liña defensiva, pero estamos moi felices de conseguilo".Partido ante o Atlético de MadridM.G.: "Todas temos moitas ganas de sumar os primeiros 3 puntos en ABANCA-RIAZOR. Tocáronnos rivais difíciles no inicio, pero fixemos bos partidos, aínda que os resultados non acompañasen. O Atlético de Madrid é un rival moi forte que sempre está arriba, pero confiamos moito no traballo diario do equipo e en que imos poder sacar os 3 puntos".A.G.: "Temos moitas ganas de poder sumar estes 3 puntos en ABANCA-RIAZOR e confiamos moito no equipo".Encaixe no grupoM.G.: "Temos un cadro de xogadoras moi amplo. Calquera xogadora pode entrar. Hai futbolistas de moito nivel. A fin de semana, sempre que entremos, temos que axudar ao máximo ao equipo e achegar todo o posible".A.G.: "Estamos para sumar. Cada xogadora pode entrar e facelo ben. O que decida el, e a sumar".Selección absolutaM.G.: "É o soño de todas. É o máximo poder representar o teu país. Agora mesmo estamos acabando de gozar de ser campioas do mundo, asentando esa idea, e de dar o mellor co Club".A.G.: "Aínda estamos asimilando gañar un Mundial sub-20 e hai que seguir traballando para chegar á absoluta, porque representar o teu país é un soño".

Resultados deste mércores 30 de setembro en ANOSACANTEIRA e c...

Bright Ede xogou completo con Polonia sub-21 un encontro que ...

Deportivo ABANCA e Deportivo Alavés enfróntanse en ABANCA-RIA...

O Dépor retoma os adestramentos con 7 canteiráns e co amigabl...

Empate de Camerún na República del Congo con Nsongo Bil no cé...

Lucas Noubi impúxose a Gales este martes 29 de setembro e lid...